Javier Martínez Campos gaña o premio Gaos de composición

A súa obra Cliffs of Moher impúxose no certame da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O premio de composición Andrés Gaos, que convoca a Deputación da Coruña, foi na súa IX Edición para Javier Martínez Campos. O creador valenciano impúxose entre as once obras presentadas ao certame coa composición Cliffs of Moher para oboe e orquestra sinfónica. Segundo anunciou Oriol Ponsa, comisario do certame, a obra gañadora da anterior edición Wellspring, do norteamericano David Vayo, estrearase o vindeiro outono da man da Orquestra Sinfónica de Galicia, mentres a gañadora deste ano será estreada o ano que vén pola mesma formación. Martínez Campos leva ademais 6.500 euros de premio en metálico.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Orquestra Sinfónica de Galicia