O compositor catalán Sebastiá Torrent gaña o premio Andres Gaos da Deputación da Coruña

Premio Gaos

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
A sétima edición do premio de composición musical Andrés Gaos organizado pola Deputación da Coruña foi parar ao compositor catalán Antoni-Ernest Sebastiá Torrent pola obra “Angelus Novus”. A obra gañadora traza unha relación directa da música coa pintura de Paul Klee. O premio está dotado con 6.500 euros e a obra gañadora será interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia na temporada 2008-2009, segundo indicou Félixe Palomero, comisario do premio e xerente da OSG. O fallo do xurado tamén incluía unha mención á obra “Tentativi” de Manuel Martínez como finalista.

Máis información en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Manuel Martínez, Orquestra Sinfónica de Galicia, OSG