Música sacra inaugura na Catedral de Santiago a temporada da Real Filharmonía

A programación desenvolverase ata o 5 de xuño coa presenza de numerosas formacións convidadas

26/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A catedral de Santiago abrirá as súas portas esta noite (21:00 horas) para acoller unha das grandes citas da temporada: o concerto de apertura da temporada da Real Filharmonía de Galicia. O acto conta cun programa de música sacra de Mozart (Sinfonía número 33 e Misa en Do maior, kV337) e será dirixida por Antoni Ros Marbá, un especialista na execución das obras do compositor salzsburgués. A temporada conta con numerosas citas relevantes nas que destacan o concerto que compartirá coa Sinfónica de Galicia (30 de outubro) ou a visita do director David Atherton, xun to co pianista Paul Crossley nun monográfico a Igor Stravinsky (16 de outubro).

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Mozart, Sinfonía...

Claves

Protagonistas
Conceptos