A Real Filharmonía abre a temporada cun espectáculo de produción propia

Contará con 29 concertos que inclúen o ciclo de piano Ángel Brage

12/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
20 lecturas | Compartido 0 veces

O primeiro concerto da temporada da Real Filharmonía de Galicia adoitaba desenvolverse na Catedral, pero este ano, a apertura terá lugar no Auditorio de Galicia. Será cunha produción propia que servirá ademais, para festexar o 800 aniversario de programación da Catedral. A primeira desta entidade que poñerá en marcha a comedia bufa en dous actos de O barbeiro de Sevilla. En total, a temporada contará con 29 concertos, nos que se inclúe o Ciclo de Piano Ánge Brage. Ademais, por primeira vez participará na programación a escola de Altos Estudos Musicais, que este ano cedeu a Axencia Galega das Industrias Culturais. Entre os obxetivos desta edición figura o de sumar público e, para iso, contará coas mesmas modalidades de abono que en anos anteriores con descontos para estudantes e asociación culturais.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Espectáculo, Comedia, Real Filharmonía de Galicia...