A Filharmonía presenta unha nova temporada chea de grandes directores

Nos trinta concertos previstos tamén se interpretarán obras de compositores galegos

16/9/2010 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: música
5 lecturas | Compartido 0 veces
Empezando por Frank Peter Zimmermann e rematando por Juanjo Mena, no medio hai media ducia de directores recoñecidos que están no cartel da próxima temporada da Real Filhamornía de Galicia. A programación comezará o vindeiro día 24 coa Misa de Coroación de Mozart dirixida por Jonathan Webb e coas soprano Marta Matheu e a mezzosoprano Cristina Faus (Auditorio de Galicia, 21:00 horas). En total, haberá trinta concertos no que haberá espazo para a produción dunha nova ópera (A voz humana de Poulenc con Ana Vallés como directora escénica), así como a interpretación de obras de compositores galegos (Octavio Vázquez, Juan Durán, Fernando Buide e Pepito Arriola). Ademais, mantense o ciclo de piano Ángel Brage con recitais de Aice Sara Ott, Arcadi Volodos e Aldo Ciccolini.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos