O dúo de pianos Divertimento concertante, cos irmáns VÃctor e LuÃs del Valle, e o Concertino para piano e orquestra conforman o cartel do concerto co que hoxe (Auditorio de Galicia, 21:00 horas en entrada libre) a Real FilharmonÃa contribúe á recuperación de Pepito Arriola. Precoz e extraordinario pianista, foi un dos mellores compositores galegos do século XX. Agora, grazas á colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Consorcio de Santiago acábanse de recuperar unha serie de partituras que gardaba a súa irmá Carmen. O repertorio do concerto de hoxe, máis Seis poesÃas de Antonio Machado, con Javier Franco como barÃtono, e Tres textos cervantinos, coa soprano Carmen Durán, a contralto Ainhoa Zubillaga e o barÃtono Francisco Santiago conformarán o CD que gravará a FilharmonÃa.