Non se estreará ata xaneiro de 2013, pero o proxecto documental A ultima viaxe do afiador continúa a súa xira de presentación por Galicia. A última cita foi no marco do Festival de Cine de Ourense onde o seu director Aitor Rei, estivo a explicar as características deste filme que conta a historia de Armando Álvarez, un afiador que comeza a súa última viaxe tras toda unha vida dedicada ao mesmo oficio. Non foi o último filme galego do festival, xa que o italiano afincado en Ourense, Simone Saibene, deu a coñecer 9 ondas, a súa primeira longametraxe. Nela conta a historia dun home que perde a memoria tras beber da aunda dunha fonte que lle permite iniciar unha viaxe cara á súa verdadeira identidade.
Dosier de información sobre "9 ondas".