Xosé Manuel Olveira, Pico, premiado en Braga polo seu papel en Sinbad

O telefilme foi dirixido por Antón Dobao e contou coa participación da TVG

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xosé Manuel Olveira, Pico, premiado en Braga polo seu papel en Sinbad

Aurelio, ou o vello Sinbad, é un vello mariñeiro que comparte os seus coñecementos fantásticos entre os seus compañeiros diarios de café e dominó. O papel, que interpreta Xosé Manuel Olveira, Pico, acáballe de valer o premio a mellor actor en Bragacine, o festival de cine de braga. O filme dirixido por Antón Dobao foi producido por Ficción Producións e Televisión de Galicia. A cinta ten pendente participar noutro festival, o de Cine para televisión 2012 que se celebra a final de mes.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Braga, Cine, Xosé Manuel Olveira, Manuel Olveira...