Esta fin de semana a CRTVG proxectou o documental O Señor das Palabras, que serviu de repaso da vida e obra de Álvaro Cunqueiro. Foi a primeira das dúas proxeccións que a entidade programou co gallo do centenario do escritor mindoniense. A segunda está prevista para este xoves, 22 de decembro, cando se cumpre a data exacta da efeméride, e para a que está programada a estrea de Sinbad, o filme coproducido entre a TVG e Ficción Producións. Dirixida e guionizada por Antón Dobao conta con Xosé Manuel Olveira, Pico, no papel protagonista.