Esta fin de semana tivo lugar en Palencia o 24 Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campoo. Unha cita na que Carlos Blanco recibíu o premio a mellor actor por Desayuno con diadema. Non foi o único galego, xa que Nani García recibiu o premio pola banda sonora de O xigante, cinta de animación dirixida por Luis da Matta Almeida. Antes ca estes premios, Pela del Álamo gañou o premio á mellor longametraxes en Extrema´Doc con Nacional VI e a cinta continúa o seu percorrido en Lanzarote onde esta semana participa na Mostra de Cine Europeo.
Entre as novidades recentes do audiovisual destaca a selección de Anacos, de Xacio Baño, na Seccion Oficial do festival de Clermont Ferrant. Por outra banda, o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland, figura no listado de valoracións dos críticos de Cahiers du Cinema (número 684, do mes de decembro) como un dos mellores filmes deste 2012.
*Actualización: Canda o traballo de Baños, a curtametraxe O xigante de Abano Producións, premiada en Campoo, tamén foi seleccionada para o festival Clermont Ferrand. Ademais, en Brasil foi premiado co AMAZONIA á mellor curta de animación.