Televisión Española e Telecinco estrean estes días dúas novas series que contarán coa presenza de actores galegos. Dunha banda, Jose Ángel Egido protagoniza El asesinato de Carrero Blanco este thriller que reconstrúe o atentado do militar e político en 1973. Trátase dunha miniserie dirixida por Miguel Bardem. Telecinco tamén estrea Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Nela Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, a matriarca, que é unha exmodelo e exactriz. Esta serie está dirixida por José Ramos Paíno (El Comisario), Ignacio Mercero (Motivos Personales) e Víctor García de León (Vete de Mi). O creador de Cuéntame é o coordinador de guións desta nova aposta.