De animación e de acción

As producións galegas acadan sete candidaturas na XXVII edición dos premios Goya

Fotograma de <i>O Apóstolo</i>
Fotograma de O Apóstolo
Os actores Elena Anaya e Antonio de la Torre foron os responsables da lectura de finalistas dos Premios Goya, a gran cita do ano. Entre o listado de finalistas hai tres producións galegas como son O apóstolo, Invasor e Todo é silencio que suman un total de sete candidaturas. Os gañadores saberanse o vindeiro 17 de febreiro nunha gala na que parten como favoritas que as grandes favoritas son Blancanieves (con 18 candidaturas), Grupo 7 (16),Lo imposible (14) e El artista y la modelo(13).

A animación foi sempre un valor seguro en Galicia e este ano hai outra cinta deste xénero na recta final dos grandes premios do audiovisual. É O apóstolo, a gran aposta de Fernando Cortizo, que investiu arredor de cinco millóns de euros e contou coa colaboración dun reparto con figuras como Geraldine Chaplin, Luis Tosar, ou o finado Paul Naschy que prestaron voz e caracterización física para a proposta. O filme, stop motion rodado en 3D estereoscópico, leva acumulando premios en numerosos festivais internacionais mentres busca solventar os problemas de distribución que está a limitar a súa presenza en salas. Sen embargo, a película que acapara maior número de candidaturas é Invasor, un filme de suspense sobre un médico militar que regresa convalecente dunha misión internacional nun conflicto bélico. O filme producido por Vaca Films é finalista nas categorías de son, efectos especiais, montaxe, guión adaptado e mellor actor de reparto, para Antonio de la Torre.

Completa a listaxe de candidaturas galegas, Todo é silencio, o filme de José Luis Cuerda que contou con participación galega (a produtora Milou Films e a participación da Televisión de Galicia), así como unha achega de Agadic. O filme é finalista na categoría de mellor guión adaptado, xa que leva a pantalla a novela homónima de Manuel Rivas.

Os finalistas galegos
O apóstolo


Todo é silencio


Invasor