O Ateneo Ferrolán recupera o seu ritmo de traballo habitual trala apertura da súa sede social con tres ciclos de cine. O primeiro deles, de temática bélica abre esta tarde as proxeccións con Adeus ás armas, a adaptación da obra de Hemingway. Os falisficadores, Stalingrado, Terra e Liberdade conforman a programación desta aposta que se exhibriá todoso os martes. Despois chegarán as proxección de filmes ambientados no século XVIII onde o encargado de abrir o ciclo será a cinta de Ridley Scott sobre un relato de Joseph Conrad, Os duelistas. Será o humor, con obras clásicas de Billy Wilder e unha achega aos humoristas británicos Monty Python quen peche a programación cinematográfica deste primeiro cuatrimestre.