Novas | 1881 a 1890 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

01/02/2013
Play Doc celebrará a súa novena edición do 13 ao 17 de marzo

A novena edición de Play Doc, a cita co universo documental, xa ten datas. Será no mes de marzo, do 13 ao 17 de marzo en Tui. Seguirá fiel á súa liña de traballo audiovisual, exhibindo traballos de calidade do xénero documental ao tempo que busca unha conexión coa música. Canda as datas, os organizadores informan da posta en marcha, un ano máis, de Play-Doc Support, unha campaña de recadación de fondos. Deste xeito pretenden incrementar a colaboración civil no proxecto e paliar os recortes orzamentarios sufridos estes últimos anos. En 2012, as administracións públicas recortaron os orzamentos desta cita.. Amplía a nova>>

31/01/2013
Chega á carteleira o filme de Héctor Carré, Personal movie

Nada de glamour, nada de equipo artístico e equipo técnico nunha gran premiere con pase de fotografías e alfombra vermella. A promoción de Personal Movie fíxoa o propio director, guionista, produtor e distrbuidor co cartel do seu filme colgado, polas rúas da Coruña. Nesa localidade preestréase hoxe o filme, que conta a hitoria dun mozo que esperta logo dunha gran festa e atopa un brazo de muller na neveira. Ao non lembrar nada, decide non chamar á policía e descubrir por si mesmo o quepasou. O filme é unha produción galega, rodada na Coruña e con apoio de Agadic e a CRTVG.. Amplía a nova>>

31/01/2013
O Atenteo Ferrolán pon en marcha A III Mostra de documentais en galego

Alén do ciclo Martes de Cine, o Ateneo Ferrolán acaba de poñer en marcha a terceira edición da súa Mostra de Documentais. Trátase dun proxecto para a dar a coñecer os traballos deste xénero feitos en galego e en Galicia. A cita será para o vindeiro 21 de marzo de 2013 e abre o prazo para que a xente envíe os seus traballos en formato DVD e con ficha descritiva.. Amplía a nova>>

30/01/2013
O Festival Animacam cumpre cinco anos cunha edición presencial

Naceu para ser un festival en rede e agora, cando cumpre cinco anos, Anicama convértese nun festival con sede física. Será na Coruña, no marco do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) e terá lugar do 5 ao 8 de febreiro. O certame seguirá fiel á súas orixes, e continuará coa versión on line (con 41 títulos finalistas) que se complementa coa presencial (con 36 filmes). En ambas as dúas versións o público será determinante para elexir o filme de animación que leva o premio á "mellor película Animacam 2012”.. Amplía a nova>>

29/01/2013
Alberto Gracia exhibiu con éxito a súa primeira longametraxe no Festival de Rotterdam

É a primeira longametraxe de Alberto Gracia e estreouse no marco da 42ª edición do festival de cine de Rotterdam, unha cita imprescindible do cinema alternativo. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, rodado en 16 mm en blanco e negro e posproducido no centro Hangar de barcelona, esgotou as entradas no seu pase de público, tal e como apuntou Jose Luis Losa, director de Cineuropa presente no encontro. No filme, Gracia achégase a historia de Kaspar Hauser, o “neno salvaxe” de Alemaña que medrou durante 16 anos nun establo. A obra está dividida en sete capítulos e ofrece un exercicio de narración experimental, que presenta un mundo sen linguaxe acompañado dunha música sonora que contribúe a crear unha tensión constante. . Amplía a nova>>

29/01/2013
Unha ducia de traballos exhiben en Vigo o novo cinema venezolano

É Vigo unha da ciudades que concentra un maior número venezolanos de todo o Estado e, precisamente onde está o consultado de Venezuela desa comunidade. Por iso, é nesa cidade onde haberá a primeira mostra do novo cine venezolano, co gallo de exhibir as proxeccións que se fan nese país. A cita desenvólvese dos días 30 de xaneiro ao 2 de febreiro e supón a proxección de 12 curtametraxes e as longametraxes Memorias dun soldado, de Caupolican Ovalles, A hora cero, de Diego Velasco, Reverón de Diego Risquez e Patas para arriba de Alejandro Wiedemann. A entrada é de balde.. Amplía a nova>>

23/01/2013
Bambú Producciones incorpórase ao Clúster do Audiovisual Galego

É unha das empresas máis destacadas da ficción estatal. Da factoría de Bambú Producciones saíron títulos como Guante Blanco (TVE), Hispania, la leyenda (Antena 3), Gran Reserva (TVE) ou Gran Hotel (Antena 3). Agora, a empresa dirixida por Ramón Campos e Teresa Fernández Valdés súmase ao Clúster do Audiovisual Galego. Deste xeito, a entidade suma 45 entidades no eido do audiovisual nun momento tan complexo para o sector. . Amplía a nova>>

23/01/2013
A TVG emite a tv movie sobre Eduardo Barreiros, o empresario do automóbil

Non foi un home corriente. Eduardo Barreiros (Gundiás, 1929- A Habana, 1992) foi un dos mecánicos e empresarios do automóbil máis importantes de todo o Estado Español. Coa patente da transformación de vehículos gasolina en Diesel, asociouse con Chrysler ata que lles vendeu as súas accións por desavinzas coa empresa. Esta noite a TVG emitirá (22:40 horas)un filme dirixido por Simón Casal de Miguel e con Manuel Regueiro e María Tasende como protagonistas sobre a súa historia. A película para televisión conseguiu o ano pasado o Mestre Mateo na súa categoría e o primeiro premio no World Fest de Houston.. Amplía a nova>>

22/01/2013
Jorge Algora ultima en Santiago a rodaxe do seu filme Inevitable

Baseáse na obra de teatro Cita a ciegas do arxentino Mario Diament que conta un drama romántico no que unha parella que ve truncada a súa boa relación a partir de que el sofre unha crise de identidade trala rependina morte dun compañeiro de traballo. A maior parte do filme rodouse en Arxentina e agora ultiman as últimas secuencias en Santiago. A vindeira coprodución de Adivina Film conta con Federico Luppi, Mabel Rivera nos papeles principais. A banda de folk Berrogüetto será a encargada de facer a banda sonora tun título que conta coa participación da Tlevisión de Galicia, máis subvencions do ICAA e de Agadic.. Amplía a nova>>

22/01/2013
Cambio de perspectiva

Susana de la Sierra, a directora do ICAA, estivo a semana pasada en Galicia para bosquexar o que será a liña de actuación do seu departamento para os vindeiros meses. Malia o recorte orzamentario, un 20% con respecto a 2012 que lle resta 10 millóns de euros ao Fondo de Protección á Cinematografía, anunciou que este ano se manterán todas as liñas de axuda. Pero anuncia cambios para o futuro. De la Sierra foi presentada por Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, que anunciou que “posiblemente no Consello da Xunta do vindeiro xoves 24 se designará a persoa responsable de Agadic”.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org