Baseáse na obra de teatro Cita a ciegas do arxentino Mario Diament que conta un drama romántico no que unha parella que ve truncada a súa boa relación a partir de que el sofre unha crise de identidade trala rependina morte dun compañeiro de traballo. A maior parte do filme rodouse en Arxentina e agora ultiman as últimas secuencias en Santiago. A vindeira coprodución de Adivina Film conta con Federico Luppi, Mabel Rivera nos papeles principais. A banda de folk Berrogüetto será a encargada de facer a banda sonora tun título que conta coa participación da Tlevisión de Galicia, máis subvencions do ICAA e de Agadic.
Jorge Algora ultima en Santiago a rodaxe do seu filme Inevitable
Berrogüetto comporá a banda sonora do filme
13 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares