Alberto Gracia exhibiu con éxito a súa primeira longametraxe no Festival de Rotterdam

É un filme experimental en clave relixiosa sobre Gaspar Hauser, o “neno salvaxe” alemán

Fotograma do filme
Fotograma do filme "O quinto evanxeo de Gaspar Hauser"
É a primeira longametraxe de Alberto Gracia e estreouse no marco da 42ª edición do festival de cine de Rotterdam, unha cita imprescindible do cinema alternativo. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, rodado en 16 mm en blanco e negro e posproducido no centro Hangar de barcelona, esgotou as entradas no seu pase de público, tal e como apuntou Jose Luis Losa, director de Cineuropa presente no encontro. No filme, Gracia achégase a historia de Kaspar Hauser, o “neno salvaxe” de Alemaña que medrou durante 16 anos nun establo. A obra está dividida en sete capítulos e ofrece un exercicio de narración experimental, que presenta un mundo sen linguaxe acompañado dunha música sonora que contribúe a crear unha tensión constante.