25/02/2013
Aberto o prazo para participar no MIPTV de Cannes
Do 8 ao 11 de abril de 2013 ten lugar unha das citas de contidos para televisión máis importantes de Europa, o MIPTV. Unha cita á que asistirá a Agadic coas empregas galegas que o soliciten. De feito, está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro xoves 28 de febreiro. Por mor do convenio asinado co IGAPE en 2012, acudirá Agadic (asumindo as competencias do extinto Consorcio Audiovisual) e estará presente no pavillón Audiovisual from Spain cun “stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios, ademais de sufragar parte dos gastos derivados da asistencia a este mercado (financiarase o rexistro, pasaxe de avión e tres noites de aloxamento para un representante de cada empresa)”..
Amplía a nova>>
22/02/2013
Mar Sánchez Sierra é a nova secretaria xeral de Medios
O consello da Xunta deixou novos nomeamentos no Executivo, un deles no que ten lugar na Secretaría Xeral de Medios. Cesa Alfonso Cabaleiro, que deixa o seu sitio a Mar Sánchez Sierra, que ata o momento era a directora xeral de Comunicación. Sánchez Sierra ten entre os seus retos desta lexislatura, o desenvolemento de retos que quedaron pedentes da anterior lexislatura como a aprobación da Lei de Publicidade Institucional, a de promoción de medios de comunicación de Galicia e reforma da do audiovisual. Ademais, será no seu mandato cando se execute o establecido na nova lei da CRTVG que converte o organismo público nunha corporación, así como a actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) adscrito a este departamento desde o ano 2006. .
Amplía a nova>>
22/02/2013
Arraianos de Eloy Enciso entre a selección oficial de Play Doc
Son moitas as características que fan de Play Doc un festival de referencia. Unha programación moi coidada desde a sección oficial ata as actividades paralelas, unha coherencia en toda a súa esencia e unha evolución constante. Nesta edición, Play Doc acaba de presentar unha selección oficial con cinco títulos de destacados proxectos e nomes do panorama documental independente a nivel mundial.
Tres irmás – Soas o último traballo de Wang Bing, destacado documentalista chinés; dous títulos premiados este ano noutros certames como son
Sofia's Last Ambulance de Ilian Metev ou
Le libraire de Belfast de Alessandra Celesia;
The Patron Saints de Brian M. Cassidy e Melanie Shatzky, e
Arraianos do galego Eloy Enciso conforman a selección oficial desta edición. A cita, do 13 ao 17 de marzo, en Tui..
Amplía a nova>>
20/02/2013
Compostela estreará en xuño o I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Compostela contará neste ano 2013 cun novo festival de cine. Chámase Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago e xorde, segundo o seu sitio web para ofrecer o “mellor cine feito en España”. A cita terá lugar do 3 ao 7 de xuño e xa está aberto (ata o 20 de maio) o prazo de presentación de traballos. O certame concederá tres galardóns (premio estela á mellor longametraxe, premio estela á mellor actriz e premio estela ao mellor actor). Só o apartado de longametraxes ten dotación económica cun único premio de 10.000 euros. Contará con varias seccións oficiais a proxección, que terá lugar no Teatro Principal, así como un programa de actividades que inclúe desde encontros, exposicións, obradoiros e mesas redondas..
Amplía a nova>>
20/02/2013
Valor propio
“A situación actual fai que teñamos que reconducir o audiovisual galego e o camiño pasa por controlar todo o proceso” asegura Daniel López, responsable de Mandeo Records que con Rapperswill abre unha nova liña de traballo. Unha produción propia, con guión equipo técnico e artístico local para contar “a historia de dúas persoas que se atopan despois de 20 anos e que teñen con contas pendentes”..
Amplía a nova>>
18/02/2013
Publícase na rede o documental sobre o merdeiro
Aínda que non se agarda que estivese dispoñible ata logo do Entroido, o grupo de creadores que desenvolveu o documental
Os merdeiros: A recuperaçom está xa dispoñible de xeito íntegro en Vimeo. Entrevistas, testemunhas, información sobre a orixe deste personaxe vigués, por qué desapareceu e como se abordou a súa recuperación. O proxecto desenvolveuse integramente con sofware libre e publícase baixo licenza Creative Commons..
Amplía a nova>>
15/02/2013
Invasor e O Apóstolo son as gran favoritas dos Mestre Mateo 2013
Son os premios do audiovisual galego e, en tempos de crise, vólvense máis fortes que nunca. A TVG emitiu en directo o acto de lectura dos candidatos que optan a ser os mellores traballos do sector. E como reclamo, abriron os sobres dúas caras moi populares: Luís Tosar e Camila Bossa. Os favoritos son
Invasor, que parte con 11 candidaturas, e
O Apóstolo con dez. Agora, os socios da Academia Galega do Audiovisual votarán e o resultado saberémolo o 6 de abril na Coruña..
Amplía a nova>>
14/02/2013
Historias de corte social gañan esta edición de Animacan
Os filmes premiados nesta quinta edición de Animacam (a primeira de carácter presencial) teñen un marcado carácter social. O galardón a mellor película foi para
Rising Hope, do director Milen Vitanov, cunha historia de superación persoal e amizade. O premio do director, que deciden as votacións en rede, foi para o realizador vasco Gregorio Muro coa súa película
Zeinek Gehiago Iraun / ¿Quen Aguanta Máis?, que narra a historia de Ander, un chico que xogando cos seus amigos nas vías do tren sofre un accidente que cambia a súa vida e a da súa familia..
Amplía a nova>>
14/02/2013
Arraianos participa na terceira edición do FICUNAM
Ten só tres edicións, pero o FICUNAM (Festival Internacional de Cine da UNAM) conta cunha traxectoria firme na busca de cintas innovadoras a nivel mundial. Na historia do certame houbo sempre presenza galega (Todos vós sodes capitáns en 2011 eVikingland en 2012) e este ano tamén. Desta volta, será
Arraianos de Eloy Enciso na que participe neste encontro que organiza a Universidade Autonoma de México entre o 21 de febreiro e o 3 de marzo. .
Amplía a nova>>
13/02/2013
Óliver Laxe impartirá en Tánxer un obradoiro cinematográfico
Un obradoiro estético de carácter teórico-práctico para estudantes, docentes, artistas ou cinéfilos en xeral. "Imaxes fráxiles" desenvolverase do 5 ao 10 de marzo na Cinematheque de Tanger. O realizador galego Óliver Laxe (París, 1982) será o encargado de impartir este seminario que parte da consideración da imaxe como ferramenta de transmisión e do cine como vehículo de expresión artística. Esta cita organízaa o festival Márgenes do Cine Español, un espazo que pecha esta mesma semana a exposición en liña na que pretendía adentrase nas orixes cinematográficas do gañador do premio Fipresci na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes.
Os experimentos de Óliver Laxe exhibe tres traballos de Laxe anteriores ao seu multipremiado
Todos vós sodes capitáns..
Amplía a nova>>