Son os premios do audiovisual galego e, en tempos de crise, vólvense máis fortes que nunca. A TVG emitiu en directo o acto de lectura dos candidatos que optan a ser os mellores traballos do sector. E como reclamo, abriron os sobres dúas caras moi populares: LuÃs Tosar e Camila Bossa. Os favoritos son Invasor, que parte con 11 candidaturas, e O Apóstolo con dez. Agora, os socios da Academia Galega do Audiovisual votarán e o resultado saberémolo o 6 de abril na Coruña.
Optan a mellor pelÃcula Invasor, O Apóstolo, Lobos de Arga e Vilamor, catro das catorce pelÃculas que se fixeron en Galicia en 2012, indicador dun ritmo notable de produción. Invasor é finalista nos grandes premios (dirección, guión e a mellor interpretación masculina e feminina de reparto e masculina protagonista), categorÃas nas que Matalobos rescata o papel da televisión no audiovisual. A serie despÃdese (este mes de xaneiro tivo lugar a emisión do último episdio) con oito candidaturas para os seus actores (LuÃs Iglesia, Isabel Naveira), completo equipo de guionistas e técnicos. En guión, Manuel Rivas (que tamén é finalista do Goya na mesma categorÃa) é candidato pola adaptación cinematográfica da súa propia novela Todo é silencio.
A gala de entrega dos premios terá lugar o 6 de abril no Pazo da Ópera da Coruña. Contará coa dirección de Dani de la Torre e será retransmitida pola TVG.