Novas | 1851 a 1860 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

11/03/2013
O xurado do Fantasporto premia o filme de animación O apóstolo

Esta fin de semana concluía en Oporto a 33 edición do Festival Internacional de Cinema do porto. Unha cita que tivo este ano unha reducida presenza galega. O filme de animación O apóstolo presente na sección oficial competitva regresa co premio do xurado. O gran vencedor desta ocasión foi Mamá , a ópera prima de Andrés Muschietti, apadriñada por Guillermo del Toro, que recibiu o de mellor realización e mellor actriz. No Palmarés o cinema europeo fantástico demostrou a súa vitalidade accadando a totalidade dos outros galardóns en disputa.. Amplía a nova>>

08/03/2013
Albert Maysles e Guillén Landrián son os grandes nomes desta edición Play Doc

“Estamos moi satisfeitos. Esta é unha das mellores edicións. Son nove anos e a labor cristaliza sobre todo coa presenza do gran Albert Maysles”. Sara García destacaba así o papel que ten par o certame a retrospectiva de Maysles “das máis importantes que temos feito”. Unha sesión que terá como contrapucto o ciclo dedicado a Guillén Landrián. Canda iso, a sección cinema galego exhibirá o bo momento que ten o documental galego a nivel internacional. O outro codirector de Play Doc, Ángel Sánchez, destacou o reto de manterse 9 anos en cartel “cun festival internacional dende a periferia e que se fale del”. Concertos, conferencias e proxeccións conforman o cartel deta edición que terá lugar entre o 13 e o 17 de marzo en Tui.. Amplía a nova>>

07/03/2013
Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta revisan en clave audiovisual a exposición Gallaecia Petrea

A exposición da Cidade da Cultura, Gallaecia Petrea terá o vindeiro 12 de marzo unha nova ollada. É a que ofrecen tres coñecidos realizadores galegos, Jorge Coira, Belén Montero e Juan Lesta, que ofrecerán unha masterclass explicando como visitar a exposición desde o punto de vista audiovisual. Durante tres horas verán un documental (Sentindo a pedra) e coñecerán como se fan os contidos audiovisuais específicos para ser visionados nun museo, desde a elaboración da proposta inicial á produción das pezas, a relación das imaxes cos visitantes ou as formas de narración diferenciadas. A entrada é de balde, previa inscrición no web da Fundación Cidade da Cultura.. Amplía a nova>>

07/03/2013
A II edición de Primavera do Cine incorpora o cinema infantil á súa sección competitiva

Alén das tres categorías coas que se inaugurou o certame en 2012, este ano engaden á sección oficial unha nova sección, a de cinema infantil. A II edición de Primavera do Cinema botou a andar coa presentación das bases e da estrutura deste certame ao que se poderán presentar as obras realizadas en Galicia ou por galegos. Alén da sección oficial, haberá unha Mostra de Cine Xuvenil, para producións realizadas por adolescentes, e Foros de debate nos que analizará a situación do cinema galego e as dificultades para a súa distribución. O II Festival Primavera do Cinema celebrarase en Vigo do 29 de maio ao 2 de xuño.. Amplía a nova>>

06/03/2013
A asociación de directores e realizadores reestrutura a súa xunta directiva

A mediados de febreiro tivo lugar unha reunión da xunta directiva da asociación de realizadores e directores de Galicia, CREA. O presidente segue a ser Jorge Coira e Juan Lesta continúa como vicepresidente. O secretario é Gaspar Broullón e Susana Sotelo a tesoureira. Os vogais da nova xunta directiva son Ramón Costafreda, Manolo Abad, Sonia Méndez, Pela del Álamo e Giselle Llanio. . Amplía a nova>>

05/03/2013
Comeza a rodaxe de Todos os santos dirixida por Chema Gagino

Todos os santos é unha comedia que conta a historia de tres irmáns que, tras quedar orfas, deciden xuntarse cada primeiro de novembro. Ao longo de tres anos descobren unha novidade na súa vida que alterará a vida das demais. Isabel Blanco, Manuel Cortés, Denis Gómez our Arturo Zas son os actores desta película para televisión coproducida entre a CRTVG e Artemática, con axuda de Agadic e a Fundación Tic. A produción iniciou a súa rodaxe este luns en diferentes localizacións da Coruña e de Lugo.. Amplía a nova>>

04/03/2013
O ciclo Creadoras Galegas de Imaxe chega ao CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe iniciaba o pasado sábado as proxeccións do ciclo Creadoras Galegas de Imaxe. O programa desenvolvido polo Consello da Cultura Galega achega un total de seis filmes ao centro coruñés, e as proxeccións continuarán os vindeiros 8 e 9 de marzo. As películas previstas son Nós, operarias de Sogental, Apuntamentos para un filme. A cicatriz branca, Aadat e APASH os de fóra que fixeron parte da II edición deste ciclo dedicado á creación cinematográfica feminina no país.. Amplía a nova>>

01/03/2013
Seis traballos compoñen a sección Cinema Galego do Play Doc

O bo momento que vive o cinema de autor e independiente en Galicia terá o seu réflexo nesta edición do Play Doc. No marco da sección Cinema Galego, proxectaranse seis títulos que chegan despois dun longo percorrido en festivais, mostras e con algún título debaixo do brazo. Eses traballos son Fóra, de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas; Imaxes segredas de Diana Toucedo; A fenda de Marcos Nine; Montaña en Sombra de Lois Patiño; N-VI de Pela del Álamo e Piedade de Otto Roca. Ademais, para completar esa revisión do contexto actual da creación de non ficción, o historiador de cinema Manolo González moderará un debate aberto ao público no que participarán os directores dos filmes galegos seleccionados, críticos e programadores.. Amplía a nova>>

27/02/2013
A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal

Era unha cita clásica do calendario cinematográfico de Santiago instalada no último trimestre do ano. Fiel á orientación da Fundación Araguaney, entidade que o organizaba desde hai unha década, Amal pretendía achegar a problemática árabe a través de filmes realizados neses países ou en Europa. Sufriu numerosas modificacións ao longo da súa historia e desde hai un tempo realizaba mostras da sección oficial en diferentes ciudades españolas e latinoamericanas. De feito, malia que en 2013 non haberá sección oficial competitiva. Os motivos, para o presidente da Fundación, Ghaleb Jaber, “a falta de apoio institucional, sobre todo por parte do concello, que mantivo unha actitude belixerante”. . Amplía a nova>>

26/02/2013
Agapi analiza os efectos da dixitalización cunha xornada

Os contidos transmedia, a social tv, a innovación e a creación, os hábitos de consumo… estes son algúns dos efectos da dixitalización do sector audiovisual. E de todos eles falarase nunha xornada que a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, celebrará o vindeiro día 12 de marzo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org