20/03/2013
O Clúster do Audiovisual debate hoxe sobre a televisión conectada
A televisión do futuro chámase "televisión conectada". Un modelo baseado na conectividade dos receptores á rede, que incrementa as pobilidades de contidos e a participación do usuario. As primeiras epxeriencias levan anos en marcha, pero é un reto presente á qeu as empresas e proveedores de contidos han de afrontar. Por ese motivo, hoxe o Clúster Audiovisual Galego organiza un encontro que pretnde estudar a sitaución actual, os restos, e algún modelo de negocio como o caso de Cinfo. Darío Janeiro, Esther Medina, Francisco José Asensi Viana e Tomás Cid son algúns dos nomes que fan parte desta xornada. .
Amplía a nova>>
20/03/2013
O filme de Lois Patiño Montaña en sombra foi seleccionado no Festival de Oberhausen
Montaña en sombra de Lois Patiño acaba de ser seleccionada na sección oficial do Festival de curtametraxes de Oberhausen (Alemaña) que terá lugar entre o 2 e o 7 de maio. Cada edición deste certame, que ten validez para os Óscar, configúrase arredor dun tema que conforma o groso da programación. Nesta ocasión o tema é “o cinema despois de Internet”, que fai referencia aos movimentos de imaxes, a como recollen a nosa reposta emocional desas imaxes e permanece nos planos comparada coa experiencia da vida real. A de Patiño non é a única cinta española seleccionada para o certame, xa que Isabel Herguera presenta a súa “Baixo a almofada” na sección internacional dedicada aos nenos e á xuventude..
Amplía a nova>>
19/03/2013
Lugares de ir ao cine
Entre 1896 a hoxe en Galicia existiron en Galicia preto de 850 locais destinados a exhibición cinematográfica. Pero non todos foros iguais, senón que pasaron por diferentes etapas e serviron de reflexo do inicio, auxe e decadencia do feito cinematográfico. Os edificios son símbolos físicos e agora co peche e desaparición das salas a Fundación Barrié quixo aproveitar para presentar o primeiro inventario deste tipo de edificacións.
Cines de Galicia é unha publicación que recolle a evolución desde os tímidos comezos, o esplendor e a acelerada decadencia e desaparición deses espazos dedicados aos soños e ilusións que conta o cine..
Amplía a nova>>
18/03/2013
Sophia's last ambulance gaña o Play-Doc
O documental
Sophia's last ambulance, dirixido por Ilian Metev, foi escolleito polo xurado como o mellor filme da edición do festival Play-Doc de Tui. A gañadora do evento, que finalizaba onte, narra o día a día dos traballadores dunha ambulancia na capital de Bulgaria, e xa fora recoñecido co premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes. Segundo explicaron os membros do tribunal, Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, "Sofia's Last Ambulance amósanos a tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafíos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao borde do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer"..
Amplía a nova>>
15/03/2013
Consúmase a desaparición do Consorcio do Festival de Cine de Ourense
Naceu co obxectivo de encargarse da realización e organización do Festival de Cine Internacional de Ourense “con especial consideración do cinema independente”, segundo establecían os seus estatutos. Constituíronno o concello a deputación ourensá ata que en decembro de 2011, a deputación aprobou nun pleno a supresión da partida destinada a ese organismo. Como os estatutos fixaban a forma na que se concretaba a saída, houbo que esperar un ano ata facer firme a súa disolución, que se fai efectiva hoxe. Malia a supresión desta entidade, o concello da cidade xa manifestou a súa intención de continuar co festival, aínda que de momento non se publicaron as bases nin houbo ningunha comunicación neste sentido..
Amplía a nova>>
15/03/2013
Albert Maysles, creador do cinema directo, ofrece en Tui unha clase maxistral
Compartíu, xunto co seu irmán David, xira cos Beatles cando estes comezaban a despuntar retratando un dos documentais que abriu unha nova forma de achegarse á realidade. Albert Maysles é unha lenda do documental e onte compartíu un coloquio co público en Play Doc, o festival de documentais de Tui. Lonxe de mitificar o seu traballo, defende a honestidade e a autenticidade da xente que retrataba e que deu lugar a un xénero, o do cinema directo, que xurdiu a finais dos 50 e principios dos 60 para romper con todas as tradicións anteriores, aspirando a capturar a realidade da maneira máis fiel a como acontecen as cousas. Este documetnalista dará mañá unha clase maxistral sobre os seus métodos que se poden comprobar no ciclo de seis filmes que Play-Doc proxecta sobre a súa figura..
Amplía a nova>>
13/03/2013
Aberto o prazo para participar en Redondela en curto a través dunha plataforma dixital
Uptofest é o nome da plataforma á que deben subir os seus vídeos todos aqueles creadores interesados en enviar as súas curtametraxes á novena edición de Redondela en Curto. Un dos poucos certames de Galicia que proxectar os traballos a competición en HD. O certame mantén aberto o seu prazo de inscrición ao que xa enviaron máis de 400 traballos. Canda ese certame, hai outro que ten o seu prazo aberto. É o terceiro festival CinEOI Coruña Curtas, que promove a creatividade audiovisual en galego reparte 850 euros en premios así como varios exemplares da publicacíon “Diccionario do cine en Galicia” (editado polo CGAI).
Amplía a nova>>
12/03/2013
Somos xente honrada, de Vaca Films, chega as carteleiras o vindeiro 7 de xuño
Suso e Manuel son dous amigos de toda a vida, país de familia, que chegaron aos cincuenca sen traballo e cartos. Un día atopan un paquete con dez quilos de cocaína e deciden comezar a vendela para saír da miseria. Cioa súa decisión chegan tamén as dúbidas.
Somos xente honrada chegará ás carteleiras o vindeiro 7 de xuño e conta no reparto con numerosas caras galegas como Miguel de Lira, Manuel Lozano, Antonio Durán “Morris” , X. Manuel Olveira “Pico”, Ricardo de Barreiro, Luisa Merelas ou Luis Iglesia. O filme rodouse íntegramente na Coruña durante o verán de 2012. Está coproducida polo Terraat, Vaca Films, e a produtora portuguesa Persona Non Grata Pictures (Portugal). Conta coa participación de Televisión Española (TVE), Televisió de Catalunya (TVC), máis o apoio do ICAA, o ICEC e a AGADIC.
Somos xente honrada chegará aos cines distribuída por Filmax. .
Amplía a nova>>
12/03/2013
A Academia do Audiovisual achega os Mestre Mateo aos escolares
Cada ano, de xeito paralelo aos premios do audiovisual galego, a Academia Galega do Audiovisual programa uns encontros pensados para un público escolar. O seu cometido é que os profesionais das producións finalistas expliquen, en centros de ensino, como funciona o sector. Hoxe comezan os
Encontros Mestre Mateo, enNoia cunha mesa redonda sobre Dirección de fotografía. Despois chegarán A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Santiago. No centro de cada localidade explicarán aspectos diferentes das poduciósn (realización, curtametraxes, videoclip e son e produción, longametraxes para televisión ou Dirección de produción)..
Amplía a nova>>
11/03/2013
Pontevedra crea unha Film Comision para promover rodaxes na cidade
Dagon,
O lápis do carpinteiro,
Os luns ao sol,
A viaxe de Carol.... son varias as producións cinematográficas que se rodaron na cidade de Pontevedra. O impulso económico deste tipo de actividades, acaba de motivar a creación da Pontevedra Film Comission e Pontevedra Film Office. Son as dúas marcas que pretenden promover e facilitar a rodaxe de todo tipo de producións na cidade do Lérez. Está vencellada á Oficina de Congresos da cidade e segundo explica o Diario de Pontevedra "o traballo será asumido polo personal da concellaría de Turismo"..
Amplía a nova>>