27/03/2013
Bafici dedicará un foco aos traballos de Lois Patiño
O Festival de Bos Aires de Cine Independente (BAFICI) é unha das citas máis destacadas do panorama audiovisual latinoamericano. E este ano hai unha ampla representación galega que ten o seu punto destacado no Foco que o certame lle dedica ao traballo de Lois Patiño. O creador exhibirá, alén das súas últimas curtametraxes, un adianto da longametraxe “Costa da Morte” que está a piques de rematar. Ata alí se desprazará Ramiro Ledo para exhibir por primeira vez “VidaExtra”, o seu último filme no marco da sección Panorama (proxeccións o 11, 16 e 21 de abril). No marco da sección “Vangarda e xénero” exhibirase “Arraianos” de Eloy Enciso. O festival desenvólvese na capital bonaerense do 10 ao 21 de abril..
Amplía a nova>>
26/03/2013
O Festival de Cans amplia o palmarés cun premio á mellor banda sonora
A Asociación Cultural Arela deu a coñecer hoxe as cifras de producións presentadas a concurso para a décima edición. En total, recibiu 164 producións galegas entre curtas e videoclips, sendo as curtas de ficción (82 traballos) as máis numerosas. Ante a calidade da música orixinal das curtas recibidas, o festival decidiu crear un premio á mellor banda sonora. Unha recomendación que xa lle fixera en 2012 o xurado. A décima edición do certame terá lugar do 22 ao 25 de maio..
Amplía a nova>>
26/03/2013
As series toman a rede
Son breves, non chegan aos quince minutos, difúndense a través de Internet e son o fenómeno da revolución audiovisual na rede. En Galicia hai preto dunha vintena de webseries, a maior parte delas están feitas con medios amateur, con actores do país e acabados para todos os gustos. Damos unha volta pola rede para descubrir que contan as webseries galegas. .
Amplía a nova>>
25/03/2013
As aventuras de Minchi incorpóranse á programación do Xabarín Club
Minchi é unha cría de lagarta que soña con ser artista e que vive nun terrario convertido nun centro tecnolóxico de diversión. É unha muppet mesturada con imaxe real destinada a nenos de 3 e 5 anos, de marcado carácter didáctico que fomento o respecto polo mundo animal e pola natureza.
As aventuras de Minchi, producida por CTV e dirixida por Ghaleb Jaber Martínez, incorpórase ao listado de programas do Xabarín Club (TVG2) que, co gallo das vacacións, aumenta unha hora as súas emsisións. A serie chegou a un acordo de distribución a nivel mundial con Plante Junior..
Amplía a nova>>
25/03/2013
Curtocircuíto deixa en suspenso a celebración da súa décima edición
Estaba previsto que se celebrase entre o 23 e o 28 de abril, pero a décima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, coñecida como Curtocircuíto adía as súas datas. Segundo explican no seu perfil das redes sociais, é por unha cuestión de “organización”. Aínda que non se concreta de cando será o atraso, o feito de que o proceso de selección se realice no verán implica que será na recta final do ano. Todos os traballos xa inscritos non se poden cancelar, con todo “Shortfilmdepot, a plataforma en rede, engadirá un selo gratuíto á conta Shortfilmdepot da persoa que presentou a curta a Curtocircuito”, explica a súa conta nas redes sociais..
Amplía a nova>>
22/03/2013
Anxo Quintanilla cesa como coordinador do departamento audiovisual de Agadic
O pasado mes de setembro a Axencia Galega das Industrias Culturais convocaba unha praza para elexir á persoa encargada de coordinar a política audiovisual. Dese concurso de méritos saíu elexido Anxo Quintanilla, quen acaba de cesar do seu posto. Así o confirmou esta mañá Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, que engadiu que xa está en marcha o proceso para elixir a un novo coordinador ou coordinadora..
Amplía a nova>>
22/03/2013
O ICAA convoca as axudas a amortización para filmes estreados en 2011
O Boletín Oficial do Estado(BOE) publica hoxe a convocatoria de axudas a amortización, esas que se conceden para paliar os custes de elaborar un fime utilizando criterios obxectivos de carácter automático (en función do número de espectadores, dos filmes estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011). A este fin destinan 26 millóns de euros e o prazo de presentación de solicitudes é ata o 17 de abril (incluído). En 2012 cinco produtoras galegas beneficiáronse desas axudas por tres proxectos polos que recibiron preto de 175.000 euros..
Amplía a nova>>
22/03/2013
Perro Verde Films, produtora de Engurras, entra en concurso de acreedores
O Boletín Oficial do Estado publicou onte o anuncio do xulgado do mercantil número 2 da Coruña que a produtora coruñesa, Perro Verde Films entraba en concurso voluntario de acredores. A empresa que dirixe Manuel Cristóbal fixose moi popular coa adaptacion cinematográfica da banda deseñada
Engurras, que abordarba o tema do alzheimer e que recibiu dous Goya (entre eles o de mellor guión). Con todo, un dos seus filmes deimaxe real deu perdas que obrigou a empresa a entrar en situación concursal e que Manuel Cristóbal, en declaracións a
La Voz de Galicia, "estamos intentando resolver a situación pero agora mesmo temos moitos interrogantes". Nesta sitUacion, Perro Verde deixou en suspenso a adaptación doutro cómic do mesmo autor,
Memorias dun home en pixama..
Amplía a nova>>
21/03/2013
Manuel Manquiña recibirá o premio de honra do festival de Cans
A súa traxectoria na televisión, teatro e cine son os méritos polos que a asociación cultural Arela acaba de concederlle a Manuel Manquiña o premio de honra do festival de Cans. O premio consiste na escultura “Can de Pedra” do canteiro local Paco Candán e deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas. O acto de entrega terá lugar o vindeiro 24 de maio, no transcurso da décima edición do certame. Canda este premio, os Chimpíns de prata sonp ara a a serie de Zopilote para a TVG
Era visto! e para os veciños (catro matrimonios) que cederon as casas da primeira edición do festival. .
Amplía a nova>>
21/03/2013
O universo do dragón
O 20 de marzo é unha data moi simbólica para o proxecto Dragal. Foi nese día de hai catro anos cando Elena Gallego rexistrou os dereitos dunha historia sobre o ultimo dragón galego, que mestura fantasía con elementos históricos. “Unha historia galega con potencial” asegurou Julio Casal, que aproveitou outro 20 de marzo para presentar un proxecto audiovisual e multimedia que Ficción Produciones desenvolverá nos vindeiros anos. A aposta na que traballa a empresa dirixida por Julio Casal consiste en adaptar a trioloxía de Dragal, editada por Xerais entre os anos 2010 e 2012. Concrétase nunha película, unha banda deseñada, unha aplicación móbil e un videoxogo. .
Amplía a nova>>