19/04/2013
Aser Álvarez gaña o premio Xosé Aurelio Carracedo co seu documental sobre Celso Emilio
A "súa innovación no tratamento informativo que abre novas portas oa periodismo ao mesturar elmentos puramente informativos con técnicas e narrativa cinematográfica" serviulle a Aser Álvarez para gañar o premio Xosé Aurelio Carracedo. Ademais, o xurado quixo destacar que inclúe "novos aspectos e enfoques da vida de Celso Emilio Ferreiro" cun gran carácter didáctico. O premio está convocado pola Deputación de Ourense e dotado con 3.000 euros, cantidade inferior a outras edicións que contaba con 8.000 euros que se repartían en dous premios (o primerio 5.000 euros e o segundo 3.000)..
Amplía a nova>>
19/04/2013
O Centro Ágora acolle un proxecto para facer curtametraxes en dous días
O reto consiste en facer unha curtametraxe en 48 horas. Desde o guión, a rodaxe ata a posprodución a partir dunha idea, unha liña de diálogo e un xénero. A hora de saída arrinca o venres hoxe ás 19:00 horas no Centro Ágora da Coruña. O proxecto chamase
The 48 Hour Filme Project e ten un custe de 75 euros por equipo. Os mellores traballos participarán no evento anual do
The 48 Hour Filme Project 2013 cos premios ás mellores curtametraxes do ano que terá lugar no Filmapalooza 2014. Ese certame permite ao gañador entrar na carreira para ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtametraxes do Festival de Cinema Cannes de 2014..
Amplía a nova>>
16/04/2013
Inevitable e Somos xente honrada compiten no 16 Festival de Cine de Málaga
O filme dirixido por Jorge Algora e producido por Adivina Produciones,
Inevitable, así como a última produción de Vaca films
Somos xente honrada está na sección oficial competitiva do 16 Festival de Cine Español de Málaga. Unha cita que se celebrará do 20 ao 27 de abril na capital andaluza e que deixa tamén oco para outras producións galegas. No marco da sección “Ventana TV”poderase ver
Concepción Arenal, a visitadora de cadeas coproducida por Zenit TV e a participación da TVG. .
Amplía a nova>>
16/04/2013
It's such a beautiful day gaña o Festival Anirmau que se abre a longametraxes
Esta fin de semana remataba en Lalín a terceira edición do Festival de Cinema didáctico Anirmau. Un encontro que afrontaba o seu ano con varias novidades:a primeira que deu o salto a longametraxes; a segunda, que contaba cun xurado conformado por profesionais do sector (conformado polo historiador e teórico Emilio de la Rosa, o curtametraxista e produtor Manuel Pena e a delegada en Galiza de Filmax Inmaculada Castaño) que fixeron a sección oficial do certame. A gañadora foi o filme norteamericano
It's such a beautiful day que conseguiu o premio á mellor longametraxes (dotado con 1.500 euros) e o premio Concello de Lalín. Completa o palmarés a surcoreana
The king of pigs, de Yeun Sang-ho, co premio especial Filmax , e a producción húngara T
he tragedy man o premio Pontiñas Centro Comercial e de Lecer Gadis..
Amplía a nova>>
11/04/2013
Gayoso leva o premio a mellor presentador das TVs autonómicas
A Academia de Televisión estatal deu a coñecer onte o seus Premios Iris nas categorías autonómicas. Nas mesmas, Xosé Ramón Gayoso obtivo o recoñecemento a mellor presentador polo seu traballo á fronte de
Luar. Este foi o único galardón que obtivo da Televisión de Galicia nas seis categorías existentes. Os premios entregaranse o vindeiro 25 de abril no Gran Casino Aranjuez..
Amplía a nova>>
11/04/2013
O Novo Cinema Galego presente no Festival de Cine de Bos Aires
O Festival de Cine Independente de Bos Aires (BAFICI) ofrecerá nesta edición tres filmes de realizadores galegos. Ramiro Ledo estreará a súa película
Vida Extra no Festival, e Eloy Enciso competirá na sección competitiva Vanguardia y Género con Arraianos. O realizador Lois Patiño terá no Festival unha atención especial, ao redor das súas videocreacións e o seu proxecto audiovisual Costa da Morte. .
Amplía a nova>>
09/04/2013
Retrato dun tempo intemporal
A abundante presenza de Galicia no NODO, ligada á presenza vacacional do Xeneral Franco en Meirás, constitúe un importante legado documental de cómo a ditadura procuraba a desmobilización a través do retrato dun país detido no tempo. Analizamos con José Luis Castro de Paz, catedrático de Comunicación Audiovisual da USC, cinco momentos claves da representación de Galicia nos noticiarios franquistas. .
Amplía a nova>>
08/04/2013
Comeza o MIPTV de Cannes con presenza galega
Agallas Films, CTV, Maruxiña Films, Enxebre Entertaiment, Intuitive Productions Tree Line Distribution, Ficción Producciones e Somadrome Creative participan desde hoxe e ata o vindeiro 11 de abril no MIPTV de Cannes. As empresas galegas participan no encontro, considerado o principal mercado europeo de produtos televisivos, baixo a marca
Audiovisual from Spain co apoio de AGADIC e mais do Instituto de Comercio Exterior. Segundo sinala AGADIC, no evento distribuirase o catálogo
Films from Galicia e mais a publicación
Ways to Film, que promove o noso país como escenario para rodaxes..
Amplía a nova>>
08/04/2013
O Apóstolo impúxose nos Mestre Mateo
Mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, dirección de produción e música orixinal e son. O filme de animación
O Apóstolo impúxose nos XI Premios Mestre Mateo, que se entregaron na noite do pasado sábado no Pazo da Ópera da Coruña. En total, a película de Fernando Cortizo fíxose con seis dos dez galardóns aos que optaba. Fronte a ela,
Invasor que chegaba á gala como a outra grande favorita, con 11 candidaturas, só ficou co premio á mellor montaxe. O
Xabarín Club foi recoñecido pola Academia co Premio de Honra Fernando Rey..
Amplía a nova>>
27/03/2013
Eva Cebrián explicará aos produtores galegos o compromiso de TVE co cinema
Televisión Española desenvolveu desde sempre un papel crucial no produción cinematográfica. Por iso, que a directora da Área de Cine de TVE, Eva Cebrián, estea en Santiago nunha conferencia titulada "TVE, unha ventá aberta ao cine. O seu compromiso co cine español" resulta moi destacada. Cebrián estará en Santiago o vindeiro 4 de abril por mor dunha iniciativa do Clúster Audiovisual Galego (CLAG), en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. A asistencia é gratuíta, previa inscrición..
Amplía a nova>>