03/05/2013
Arraianos gaña o Festival de Cine de Autor de Barcelona
O xurado destacou a súa habilidade para integrar no relato cinematográfico a comunidade rural, “a tradición oral de formas de vida que perviven no presente”. Son algúns dos motivos polos que o filme de Eloy Enciso
Arraianos regresa do Festival de Cine de Autor de Barcelona con outro premio máis. Despois da súa estrea no festival de Locarno, o filme de Enciso iniciou un periplo internacional anegado de premios, sendo o máis recente o que conseguiu no festival arxentino BAFICI, un dos máis importantes de latinoamérica. .
Amplía a nova>>
02/05/2013
A CRTVG emite 58 horas semanais de programación infantil e xuvenil
É a maior cifra da CRTVG para contidos infantil e xuvenís. Así o asegurou Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral do ente, na comisión de control parlamentaria. Detallou o apoio diario que lle fai a CRTVG a través da segunda canle que se concreta en dez horas diarias de emisión, cun total de 58 semanais. Ademais, apuntou a un acordo coa empresa galega OQO que lle permitiu adquirir as series infantís
Caracois e
Os Contos do Camiño, feitas coa técnica de animación stop-motion; ou
A Tropa de Trapo, das primeiras longas de animación realizada en España en 3D estereoscópico. Estes traballos únense ás incorporación recentes, como son
Axóuxeres,
As Aventuras de Minchi ou
Os Bolechas..
Amplía a nova>>
30/04/2013
Galicia presente en tres títulos na décima edición do Documenta Madrid
Na sección panorama desta edición de Documenta Madrid hai tres títulos relativos a Galicia. Da banda das longametraxe está
Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e
Avión, o pobo ausente. Da outra, na das curtametraxes figura
A Conserveira (David Batlle) . A cita arrinca este domingo na capital madrileña e repartirá 25.000 euros en premios entre longametraxes e curtametraxes, os premios do xurado e do público. Noutro certame, no Humanity Explored que se desenvolve en liña hai tamén un traballo galego. Trátase de
As silenciadas, un documental de Pablo Ces con guión de Aurora Marco que recolle a loita das mulleres contra a represión franquista. .
Amplía a nova>>
29/04/2013
Mario Casas recibe a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga
O actor coruñés Mario Casas acaba de recibir o premio Biznaga de Ouro ao mellor actor do Festival de Málaga 2013. Un premio polo seu papel protagonista dun filme que recolle a novela homónima de Juan Eslava Galán que ofrece unha visión atípica da Guerra Civil española e que chegará as carteleiras en dez días, logo de varios anos de problemas entre distribuidor e produtores. A XVI edición do Festival de Málaga, destinado ao cine español, rematou co seu premio grande, a Biznaga de Ouro, para Gracia Querejeta. O filme de Isabel Coixet
Ayer no termina nunca recibiu o premio especial do xurado..
Amplía a nova>>
25/04/2013
Comeza a novena edición de Redondela en Curto
Con 16 traballos a competición (elexidos entre máis de 600 títulos presentados) e coa presenza de Xacio Baños (que inclúe o seu traballo
Anacos) na sesión de apertura esta noite arrinca a novena edición de Redondela en Curto. O certame, o primeiro en proxectar en HD en Galicia, entregará 1.500 euros en premios (1.000 euros do premio do xurado a mellor traballo de ficción e 500 euros do premio do público). Cada sesión ten un prezo de 3 euros e parte da recadación irá para o clube local de discapacitados intelectuais para participar no campionato de Europa de natación que se celebrará en Portugal..
Amplía a nova>>
25/04/2013
Unha empresa da Coruña busca financiamento para dous capítulos dun videoxogo
Ar-k é un videoxogo sobre que conta a historia de Alicia, unha xornalista que investiga a misteriosa aparición dunha esfera na súa vida logo dunha noite de festa. Gato Salvaje é a empresa coruñesa encargada deste proxecto que pretende para o terceiro e cuarto episodio contar con Greg Ruka, coñecido guionista encargado dos guións de Lobezno ou Batman. Para iso precisa 100.000 dólares e iniciou unha campaña na plataforma Kicstarter para conseguir esa cifra antes de xuño..
Amplía a nova>>
24/04/2013
O Apóstolo competirá no Festival de Annency, unha referencia do cinema de animación
O Festival de Annency acaba de dar a coñecer o listado de filmes a competición da edición de 2013. Entre as nove finalistas figura unha película galega, o Apóstolo, longametraxe de animación que conta a historia dun preso fugado que pretende recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago. O certame desenvolverase do 10 ao 15 de xuño na localidade francesa e ata alí se desprazará o equipo de
O Apóstolo que o día 12 presentará o filme no medio dunha charla-coloquio. Annency é un dos festivais de referencia do mundo no sector animación que tivo en 212 máis de 229 filmes en a competición, 7.000 profesionais acredtiados de 80 países, 290 distribuidores internacionais e uns 320 xornalistas. .
Amplía a nova>>
24/04/2013
Adivina Producións presenta Inevitable no Festival de Cine de Málaga
Se onte foi o día da presentación de
Somos xente honrada o último filme de Vaca Films que tivo boa acollida de crítica (na sesión deste mércores mantén dous pases), hoxe Adivina Producións está en Málaga presentando
Inevitable. A produtora Susana Maceiras, a actriz Mabel Rivera e o director Jorge Algora estiveron explicaron a característica dun filme que definiron como “un filme de mulleres que se apoia na dramaturxia da obra orixinal”. A presentación do filme inclúe tamén un concerto de Berrogüeto, que alén dos seus temas, interpretou o tema principal do filme. A cita, unha referencia do cine español, desenvolvese ata o sábado na capital andaluza. .
Amplía a nova>>
24/04/2013
Lugo acolle o V Sons Creativos
Dúas propostas creativas de vangarda están a se celebrar estes días no noso país. Por unha banda, o Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle o vindeiro 11 de maio a quinta edición de
Sons Creativos. O encontro, que artella o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, inclúe mesas redondas sobre a improvisación musical e un concerto de esculturas sonoras, entre outras propostas. Ademais, en paralelo abrirá a mostra
25 anos de arte sonora e pedagoxía en Lugo, que estará no centro ata o 16 de xuño..
Amplía a nova>>
22/04/2013
Arraianos de Eloy Enciso premiado no Bafici de Bos Aires
Competía na sección
Vangarda e xénero e regresa da súa participación no festival de cine de Bos Aires (Bacifi) co “Gran premio”.
Arraianos de Eloy Enciso, que ofrece un retrato alegórico e personal do Couto Mixto a partir de
O bosque, o texto do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle continúa o seu exitoso percorrido de festivais. Trala participación en Locarno, no Festival de Cine de Sevilla, no Fecunam mexicano, no festival de Vancouver e, en Galicia, en Play Doc e Cineuropa. Os gañadores desta edición son o filme inglés
Berberian Sound Studio, de Peter Strickland na Selección Oficial Internacional, e
La paz de Santiago Loza na Selección Oficial Argentina. .
Amplía a nova>>