16/05/2013
Cans abre a segunda quenda de venda de pases con 400 entradas
Logo dunha primeira quenda onde as entradas se esgotaron en menos dunha hora, hoxe abre a segunda das fases habilitadas para o Festival de Cans para vender as 400 entradas disponibles. O sistema dá conta do reclamo que ten este certame que se desenvolverá entre o 22 e o 25 de maio en Porriño (Cans) e que este ano celebra os seus dez anos de historia. Hoxe tamén saen a distribución, os 5.000 exemplares que ten o CanZine, a publicación oficial do certame coas colaboracións de Isabel Coixet, Juan Ibañez de
El Hormiguero e Alejandro Marzoa. E como curiosidade, o certame estrea este ano moeda oficial:
O Can, que será de curso “legal” entre os espazos oficiais do festival. .
Amplía a nova>>
14/05/2013
Enredados con RVB
Esta é a semana grande da cultura galega que ten o seu clímax este venres coa celebración do Día das Letras. A maior parte do material que figura na rede ten un alto carácter didáctico, motivado por centros de ensino e bibiotecas que queren achegar o seu gran de area para divulgar a figura do homenaxeado. Biografías, recursos didácticos, vídeos, entrevistas, imaxes… e o cronograma de culturagalega.org para dar a coñecer a figura de Roberto Vidal Bolaño (1950-2002)..
Amplía a nova>>
13/05/2013
As televisión públicas galega e portuguesa intercambiarán contidos
Un convenio entre a CRTVG e a RTP (Radio televisión portuguesa) facilitará o intercambio de producións audiovisuais entre ambas cadeas. O convenio fai referencia a programas de interese cultural ou histórico, musicais ou informativos, así como ten a intencionalidade de aumentar a participación respectiva en coproducións audiovisuais e desenvolver novos proxectos conxuntos e compartir experiencias de interese a ambas televisións. O convenio ten unha duración de dous anos e para a súa execución a TVG e a RTP designarán unha comisión mixta, integrada por tres representantes de cada parte. Non é a primeira vez que ambas cadeas públicas traballan conxuntamente, xa que hai en 2007 ambos medios coproduciron a gala televisiva de homenaxe ao Zeca Afonso que retransmitiu a TVG baixo o nome
Sempre Abril..
Amplía a nova>>
08/05/2013
Inevitable compite no I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago
Son 8 as longametraxes que compoñen a selección oficial da sección oficial da primeira edición do Festival de Cine e Televisión Camino de Santiago. Entre elas destaca un filme de participación galega,
Inevitable de Jorge Algora producido por Adivina Producións e protagonizado por Federico Luppi, Darío Grandinetti e Mabel Ribera. O certame, que terá lugar do 3 ao 6 de xuño conta con outros títulso como son A puerta fría, Ali, Área de Descanso, El muerto y ser feliz, Frontera, La lapidación de Saint Ettiene e Lección Debida. O premio á mellor cinta, dotado coa escultura estela e 10.000 euros, saberase no transcurso da gala de claurusra que se celebrará o venres 7 de xuño no Auditorio Novacaixagalicia no Preguntoiro..
Amplía a nova>>
08/05/2013
O Festival de Oberhausen premia “Montaña en sombra” de Lois Patiño
“Premiamos un film cuxa narrativa que se desenvolve exclusivamente desde o poder das imaxes, revelando unha montaña profundamente cicatrizada polo ser humano. Cun traballo de cámara excepcional no borde de negro ebranco para expor o contrate da poderosa natureza e as actividades humanas, representada nun lucido ballet representado a modo de ballet.”. Deste xeito cualificou o xurado do Festival Internacional de Oberhousen o traballo “Montaña en sombra” de Lois Patiño ao que lle concedeu o premio do certame dotado con 5.000 euros. O de Oberhausen é un dos festivais de curtametraxes máis prestixioso do momento polo que teñen presentado os seus traballos cineastas como Martin Scorsese, Jean-Pierre Jeunet, François Ozon, George Lucas, Romas Polanski, Alexander Kluge ou Werner Herzog..
Amplía a nova>>
08/05/2013
O drama de ser ou non ser
Máis dunha ducia de personaxes que batallan nun único corpo. Gustavo Pernas fai un exercicio de interpretación ao poñerse na pel do único actor dunha obra
Snakizados que el mesmo escribiu e que lle valeu o premio Maruxa Villanueva. A última obra de Ancora Producións, en palabras de Gustavo, “é a fábula dun ser que nace despois da hecatombe e que se move nese dilema hamletiano de ser ou non ser”. A obra, continúa por xira en Galicia despois do seu paso en Santiago..
Amplía a nova>>
07/05/2013
O festival de Cans celebra os seus dez anos ollando cara a súa traxectoria
Jorge Ilegal, Juanma Bajo Ulloa, Gran Wyoming, Tony Lomba e Silvia Superstar son algúns dos nomes que fan parte da historia do festival de Cans. Pero non só de edición pasadas, senón que eles volverán este ano para celebrar o décimo aniversario. O certame seguirá sendo fiel ao formato de curtametraxes pero presenta algunhas novidades. Dunha banda, Cans visibles para dar cabida a traballos que reflexionen sobre a identidade sexual e outra para novos xéneros audiovisuais. O certame tamén tira da historia local para homenaxear a Rogelio Groba compositor galego máis prolífico que aínda está en activo. Ademais, neste espazo presentaranse as longametraxes
Somos xente honrada, de Alejandro Marzoa,
Encallados de Zarauza, e
Toñito Blanco, so, perdido e vicioso.A cita en Cans(Porriño) do 22 ao 25 de maio..
Amplía a nova>>
07/05/2013
Arrinca en Santiago a 31 conferencia das televisión públicas rexionais europeas
Os recortes orzamentarios e a revolución dixital motivarán cambios para os operadores públicos de televisión europeos. Os responsables das cadeas, agrupados na CIRCOM están estes días en Santiago no marco da 31 conferencia anual. A cita arrinca hoxe cunha recepción no concello e seguirá mañá mércores coa gala de entrega dos premios anuais desde o Hostal dos Reis Católicos (retransmitida pola TVG máis por internet). As xornadas de debate terán lugar xoves e venres na Facultade de Ciencias da Comunicación e nelas falarase dos retos aos que se terán que afrontar os operadores públicos como os novos medios, a cooperación na produción televisiva, as novas tendencias de implementación técnica nos proceso de emisión e a formación dos xornalistas. .
Amplía a nova>>
07/05/2013
Cando o Avenida foi Rosalía de Castro
É un documento audiovisual do ano 1939, gravado en Bos Aires no Teatro Avenida e en varias localizacións da capital arxentina, que recuperou o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e a Fundación Rosalía de Castro. O documental, que puido ter sido filmado por Elixio González, amosa pasaxes da sentida homenaxe do emigrantes á que era a súa poetisa nacional, desde coros e danzas ata a presenza literaria de Eduardo Blanco Amor ou Núñez Búa. Trátase dun documento único. .
Amplía a nova>>
06/05/2013
O festival S8 da Coruña estrea formato na súa cuarta edición
Moitas novidades para a cuarta edición do Festival S8, de cinema periférico, que arrincou na Coruña para exhibir as tendencias cinematográficas de vangarda e que supoñen unha renovación na arte. Nesta ocasión, os organizadores decidiron achegalo á cidade e sitúanse en diferentes espazos da cidade. A sé principal estará na Fudación Novacaixagalicia, aínda que o Centro Galegao de Artes da Imaxe, o Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa e a Fundación Luis Seoane tamén acollerán actividades. Outra das novidades é que o encontro confirma a súa internacionalización destinando unha parte da programación a dar a coñecer a cinematografía dun país. Para estrear formato será a cinematografía arxentina a protagonista deste ano. O certame desenvolverase entre o 5 e o 8 de xuño. .
Amplía a nova>>