27/05/2013
Calquera infinito posible e Sangue de Unicornio foron premiadas en Cans
Fin de semana de proxeccións, concertos e tamén de premios. A décima edición do Festival de Cans está a piques de rematar oficialmente aínda que xa se coñecen os nomes dos vencedores dos diferentes xurados (o oficial, o dos veciños e o do público). Na sección oficial competitiva a mellor curtametraxe de ficción (Can de Pedra e 1.500 euros) foi para
Calquera infinito posible, dirixida por Roi Fernández Alonso, que o xurado destacou como moi arriscada e poética da que tamén premiaron a súa banda sonora. O de curtametraxe de ficción foi para
Sangre de unicornio, de Alberto Vázquez porque "asume o risco en todas as dimensións da animación, cun debuxo moi persoal e cunha historia moi fantasiosa na que o director consigue encaixar todas as pezas". As dúas están dotadas con 1.500 euros e un Can de Pedra..
Amplía a nova>>
24/05/2013
Vigo celebrará a segunda edición do Festival da Primavera do Cine
É a segunda edición dun certame que pretende dar a coñecer longametraxes, curtametraxes e videoclips galegos que non atopan unha disribución axeitada nos circuitos de distribución convencionais. Primavera do cine arrinca o vindeiro mércores 29 en Vigo mantendo a orientación da súa primeira edición e incorporando un novo espazo (a sala de proxeccións da Sala VigoVello) á súa programación e cunha sección nova dedicada ao audiovisual infantil. Proxección, concertos e un coloquio sobre a situación do audiovisual galego actual conforma a programación deste encontro..
Amplía a nova>>
23/05/2013
O Programa Media convoca as axudas a proxectos piloto
Distirbución a través de servizos non liñais, un entorno aberto para a produción de contidos, uso de técnicas web para a distribución ou o uso de bases de datos para mellorar o acceso e a explotación da información sobre contido audiovisual. Estas son as accións subvencionables con cargo á liña de axuda de proxectos piloto que pretende fomentar iniciativas relacionadas coas tecnoloxías de información e comunicación (TIC) no proceso audiovisual. Unha convocatoria do Programa Media que acaba de saír publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) cun orzamento de millón e medio de euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de xullo. .
Amplía a nova>>
23/05/2013
Xente do país
Suso e Manuel son dous pais de familia e amigos de toda a vida que quedan sen traballo tras cumprir os cincuenta. Un día, mentres están de pesca, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. A súa situación era xa insostible e este feito desata toda unha serie de acontecementos imprevisibles. Este é o argumento de
Somos xente honrada, o primeiro filme de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979) que coproduce Vaca Films con El Terrat. A produción preséntase hoxe no Festival de Cans (Porriño) logo do seu paso por Málaga. .
Amplía a nova>>
22/05/2013
Jaime Chávarri destaca no renovado formato do Festival S8
Avanzaron que os descendientes de Moliere abrirían o Súper8, que prestarían atención ao cinema galego con Lois Patiño e Miguel Mariño e que Arxentina sería o país convidado. Agora, os organizadores do S8 deron a coñecer a programación completa dun festival que terá lugar do 5 ao 8 de xuño. Entre a abondosa actividade oficial e paralela, destaca a presenza de Jaime Chávarri, un dos grandes nomes da vangarda cinematográfica española. Estará na Coruña para presentar as súas películas en Súper 8 (Run, e Ginebra en los infiernos). .
Amplía a nova>>
22/05/2013
O festival que todos queren ter
As cifras son abrumadoras. Catro días de certame, 108 proxeccións, 21 actuación musicais, 200 persoas na organización, 700 comidas a servir entre convidados, loxística e organizadores, o 80% dos traballos audiovisuais chegan de fóra…. E 90.000 euros de orzamento. Hoxe arrinca unha nova edición do festival de Cans. É a décima, a que marca un ciclo dun proxecto que naceu para dinamizar unha aldea e acabou por converterse nun fenónemo social e cinematográfico. .
Amplía a nova>>
21/05/2013
O Ministerio convoca as axudas para a asistencia a festivais e certames de prestixio
Se unha película calificada como española asiste ao Clermont Ferrand (Francia), Cannes (Francias) , Sundance (USA) ou calquera dos 29 eventos en calquera parte do mundo (de aquí e de fóra) considerados de prestixio, o Ministerio de Educación e Cultura concederalle unha achega para asistir. Hoxe sae a convocatoria relativa a 2013 con importe de 500.000 euros, de igual importe que en 2012. O prazo de presentación das solicitudes terá lugar ta cinco días naturais antes de que se celebre o certame en cuestión ou vinte días naturais a contar a partir de mañá no caso de que o festival xa se desenvolvera. En 2012, desta liña de axudas beneficiáronse catro produtoras galegas (Tic Tac con Polvo, Zircocine con Operación E, Milou con Todo é silencio e Perro Verde Films con Arrugas) que sumaron 18.620 euros. .
Amplía a nova>>
21/05/2013
A televisión reinvéntase
Dunha banda os contidos, da outra o soporte, no medio a difusión audiovisual. Neste momento agroman dous proxectos: Galiza Ano Cero e Adtlántida. Comparten a rede, a súa intención sen ánimo de lucro, o código aberto , as licenzas libres e unha visión ampla da comunidade como fornecedora de material. Entre as dúas achegan outro concepto de ver a televisión para ofrecer contidos e un sistema diferente. A televisión escríbese con A..
Amplía a nova>>
21/05/2013
Pontevedra quedará sen oferta cinematográfica o vindeiro 14 de xuño
O vindeiro 14 de xuño. Esta é a data fixada por Adif, propietaria do local no que se asentan Cinebox Vialia, o único complexo cinematográfico de Pontevedra, para que a empresa concersionaria pague a súa débeda e abandone o local. Onte tivo lugar a vista oral do proceso xudicial da demanda interposta por Adif,onde se confirmou que Pontevedra pasará a ser a primeira capital de provincia galega que deixe de ter oferta cinematográfica. Con todo,
La Voz de Galicia cita fontes de Adif que confirman que tan pronto se reciban as chaves sacarán a concurso o local para que poida continuar coa oferta actividade económica. .
Amplía a nova>>
21/05/2013
Sete empresas participan no mercado de contidos audiovisuais de Cannes
Estes días desenvólvese unha das citas máis importantes do audiovisual: o Festival de cine de Cannes. De xeito paralelo ao festival ten lugar o mercado de contidos (o marché fu film) que remata o día 24. No marco da colaboración entre Agadic e o IGAPE neste relevante encontro de negocio hai presente unha delegacación galega. Tic Tac Producciones, Vaca Films, Artefacto Producciones, Abano Filmes, Cinemar Films, Zircozine e Artemática son as empresas presentes nesta cita. Ademais, Agadic abriu a convocatoria para participar noutro encontro profesional, o "Small is biútiful", que se celebra en París o 21 de xuño..
Amplía a nova>>