05/06/2013
A cinematografía sonora de George Méliès abre o Super8 na Coruña
Hoxe comeza a cuarta edición do Festival de Cinema Super8 da Coruña. Unha cita que ten un arranque moi atractivo co cine-concerto Georges Méliès. Os descendentes do pioneiro cineasta francés ofrecerán unha escolma dos seus filmes, ambientados e sonorizados con narración e improvisacións en vivo. Os traballos foron restaurados pola asociación "Les amis deGeorges Méliès‐Cinémathèque Méliès.” Con el arrincan catro días de traballos independentes e arriscados que se desenvovlerán en varias sedes. Destaca entre elas a Fundación Seoane que exhibirá os traballos de Lois Patiño..
Amplía a nova>>
04/06/2013
Lima Independente exhibirá o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland
Ten só tres edicións, pero é un dos certames iberoamericanos que prestan unha maior atención ao cinema de certo risco artístico. Organizado pola Asociación Peruana do Cinema Independente, Lima Independente (17-19 de xullo) contará con presenza galega. Dunha banda porque Lois Patiño foi o encargo de facer a cabeceira do certame. Da outra porque se proxectará o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland na sección fronteiras destruídas. No marco desta sección proxectaranse cinco títulos que, en palabras da organización, “son fimes que, na súa transgresión, aumentan os retos, escarban, dinamitan”..
Amplía a nova>>
03/06/2013
Arrinca Galiza Ano Cero e preséntase Irmandade.tv
Hoxe comeza a campaña de microfinanciamento do proxecto de divulgación audiovisual Galiza Ano Cero. Faino coa emisión do primeiro programa e co inicio dunha campaña de financiamento que lles permita ter un banco de traballo para elaborar contidos durante un mes. Canda este, da man de Sermos Galiza, hoxe sabemos doutro proxecto:Irmandade.tv. Trátase dunha canle de televisión en liña que pretende ofrecer programas agregados e encamiñado a "dar voz ao nacionalismo". Este proxecto acaba de gravar o seu primeiro programa titulado “O debate”. .
Amplía a nova>>
03/06/2013
Cine e música ofrecen novas propostas no CGAC
O Centro Galego de Arte Contemproánea é nova estes días por actividades que non teñen que ver exclusivamente coa arte contemporánea. Dunha banda, porque acaba de ser a sede dun ciclo de cinema que exhibiu as relacións entre teatro e cinema por medio de cinco propostas de diversa natureza do audiovisual catalán. Da outra, porque acaba de presentar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que terán lugar do 27 de setembro ao 31 de outubro de 2013 en diferentes espazos da cidade. .
Amplía a nova>>
03/06/2013
Arrinca o I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago
Un encontro con Manuel Pérez e Carles Vidal, director e guionista da película
Frontera, marca o inicio do I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago. Unha cita que chega ao calendario co obxectivo de ser un referente no cine español e que no seu debú conta con 25 titulos repartidos ao longo dunha semana de proxeccións. Con orientación e temática diferentes, esta fin de semana acabou a segunda edición do certame Primavera de Cine que premiou a longametraxe
O segredo da Frouxeira de Xosé Abad; o videoclip de Juan Salgueiro
Oxytocin, o filme infantil
A casa da luz de Carlos Amil; e a curta documental
El desorden de los sentidos, de Alejandro Salgado. Os realizadores galardonados recolleron a "cámara de cine" deseñada por Reciclaje Artístico da man de Uxía Blanco, Manuel Manquiña, Jorge Coira e o cantante Eladio Santos, de Eladio y los Seres Queridos..
Amplía a nova>>
31/05/2013
Chega ás carteleiras New York Shadows, o último filme de Juan Pinzás
Unha actriz estadounidense (Lindsey Ireland) e Manhattan como localización. Con estes ingredientes Juan Pinzás realizou
New York Shadows, un thriller psicolóxico cunha formato innovador para contar a historia dun director de cine atrapado na súa propia historia. O filme chegará ás carteleiras españolas o vindeiro 14 de xuño. Alén da participación de Lindsey Ireland e Juan PInzás, conta coa participación de showman Javier Gurruchaga. Producido por Abstracto Films e Atlántico Films. .
Amplía a nova>>
31/05/2013
A TVG destinou 1.4 milóns a 17 producións audiovisuais
No último ano a TVG apoiou 17 proxectos audiovisuais. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo fixo públicas as cifras no marco da súa intervención parlamentaria. Iso implica 1.4 millóns de euros para compra de dereitos de longametraxes e tvmovies pero non concretou cales son os proxectos que se inclúen. Ademais, remarcou a importancia de “actualizar” o concepto da Televisión de Galicia como motor do sector audiovisual galego, que debe deixar de ser considerada como “o cliente preferente” para pasar a falar de “relacións colaborativas”. Por outra banda, Izquierdo destacou que a relación co sector audiovisual galego vai máis alá do cine e se estende á adquisición doutros produtos e servizos que supuxeron en 2012 o 35% do conxunto dos gastos de explotación. .
Amplía a nova>>
29/05/2013
As irmáns Albert-Sobrino dan o salto á longametraxe con A historia dun satélite
Sonia e Miriam Albert Sobrino, as “Also Sisters”, son dúas estudantes de mestrado da Universidade de Utah que están a realizar a súa primeira longametraxe. Unha produción de imaxe real que servirá ademais, de traballo de fin de carreira baixo o asesoramento de Sterling Van Wagenen. Rodarase en Galicia este verán e están a realizar un crowfunding para financiar o proxecto.
A historia dun satélite, Rafael, e a Nai que o pariu é o título dunha comedia negra con tintes de humor que se centra na figura dun enterrador galego cuxo pai morreu aplastado por un satélite. As irmáns Albert-Sobrino foron finalistas nesta edición dos Mestre Mateo por
As vacacións do verdugo protagonizado por Alfonso Míguez e Susana Sampedro. .
Amplía a nova>>
28/05/2013
O calendario F
O ano cinematográfico comeza con Play Doc e remata con Cineuropa, no medio hai preto de dúas ducias de encontros, mostras, e festivais relacionadas con temática audiovisual. Este ano, no medio dos recortes, os seus organizadores proban novas fórmulas de supervivencia: uns se reiventan, outros nacen e mesmo outros desaparecen. Un medio vivo que comparte orientación entre actividade social, cultural e dar a coñecer a produción audiovisual recente..
Amplía a nova>>
28/05/2013
A actividade dos cineclubes galegos en 2012 achegouse a 29.000 cidadáns
Esta fin de semana tivo lugar a asemblea anual da Federación de Cineclubes. Entre os actos do día estaba a programación para este ano, aprobación das contas de 2012 e a preparación de actividades para conmemorar os 30 anos da constitución da asociación e os 25 da aparición das primeiras longametraxes en galego (
Urxa,
Sempre Xonxa e
Continental). Manuel Precedo, que renova como presidente da entidade, explica que en 2012 contaron con 29.000 espectadores nas súas actividade e que son os cineclubes da provincia de Ourense con máis actividade. .
Amplía a nova>>