Novas | 1841 a 1850 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

23/01/2013
Bambú Producciones incorpórase ao Clúster do Audiovisual Galego

É unha das empresas máis destacadas da ficción estatal. Da factoría de Bambú Producciones saíron títulos como Guante Blanco (TVE), Hispania, la leyenda (Antena 3), Gran Reserva (TVE) ou Gran Hotel (Antena 3). Agora, a empresa dirixida por Ramón Campos e Teresa Fernández Valdés súmase ao Clúster do Audiovisual Galego. Deste xeito, a entidade suma 45 entidades no eido do audiovisual nun momento tan complexo para o sector. . Amplía a nova>>

23/01/2013
A TVG emite a tv movie sobre Eduardo Barreiros, o empresario do automóbil

Non foi un home corriente. Eduardo Barreiros (Gundiás, 1929- A Habana, 1992) foi un dos mecánicos e empresarios do automóbil máis importantes de todo o Estado Español. Coa patente da transformación de vehículos gasolina en Diesel, asociouse con Chrysler ata que lles vendeu as súas accións por desavinzas coa empresa. Esta noite a TVG emitirá (22:40 horas)un filme dirixido por Simón Casal de Miguel e con Manuel Regueiro e María Tasende como protagonistas sobre a súa historia. A película para televisión conseguiu o ano pasado o Mestre Mateo na súa categoría e o primeiro premio no World Fest de Houston.. Amplía a nova>>

22/01/2013
Jorge Algora ultima en Santiago a rodaxe do seu filme Inevitable

Baseáse na obra de teatro Cita a ciegas do arxentino Mario Diament que conta un drama romántico no que unha parella que ve truncada a súa boa relación a partir de que el sofre unha crise de identidade trala rependina morte dun compañeiro de traballo. A maior parte do filme rodouse en Arxentina e agora ultiman as últimas secuencias en Santiago. A vindeira coprodución de Adivina Film conta con Federico Luppi, Mabel Rivera nos papeles principais. A banda de folk Berrogüetto será a encargada de facer a banda sonora tun título que conta coa participación da Tlevisión de Galicia, máis subvencions do ICAA e de Agadic.. Amplía a nova>>

22/01/2013
Cambio de perspectiva

Susana de la Sierra, a directora do ICAA, estivo a semana pasada en Galicia para bosquexar o que será a liña de actuación do seu departamento para os vindeiros meses. Malia o recorte orzamentario, un 20% con respecto a 2012 que lle resta 10 millóns de euros ao Fondo de Protección á Cinematografía, anunciou que este ano se manterán todas as liñas de axuda. Pero anuncia cambios para o futuro. De la Sierra foi presentada por Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, que anunciou que “posiblemente no Consello da Xunta do vindeiro xoves 24 se designará a persoa responsable de Agadic”.. Amplía a nova>>

22/01/2013
Currículum Cajún

Vai para un ano que Arturo L. Regueiro publicaba o seu poemario Currículum oculto da man de TresCTres editores. O volume ía acompañado dun CD no que se podían escoitar as versións recitadas e musicadas de 14 textos incluídos no mesmo. Agora o poeta, acompañado por unha banda, está a presentar en directo a súa creación, cun engadido audiovisual.. Amplía a nova>>

17/01/2013
Juan del Río proxecta hoxe a súa curta Pool co gallo do Sundance

“Non está en sección competitiva do Sundance senón nun panel reservado ás proxeccións da Guetto Film School” explica Juan del Río (A Coruña, 1988)do seu traballo Pool. Fai parte da presentación de proxectos dese centro educativo semipúblico que financian, entre outras entidades, a HBO ou a MTV, que terá lugar hoxe en Park City. “Pool é o traballo que fixen na masterclass pero que financiei eu co que gañei no meu traballo como realizador dun programa de Tarot” explicaba a este medio antes de marchar para Utah. Juan del Río conta que a curta “é unha comedia de ciencia ficción de dous minutos que trata de dous tipos Patrick e Harry que descobren que o que cae na piscina desaparece e empezan a investigar”.. Amplía a nova>>

16/01/2013
Cultura e Academia renovan a súa colaboración para os Mestre Mateo

Os máximos representantes da consellaría de Educación, o conselleiro Jesús Vázquez e o seu secretario xeral, Anxo Lorenzo, reuníronse onte coa xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual para renovar o convenio de colaboración para a organización dos premios Mestre Mateo. Os premios, que recoñecen os mellores premios do audiovisual galego, entregaranse o vindeiro mes de marzo. A Televisión de Galicia emitirá esa gala.. Amplía a nova>>

15/01/2013
Rematan as historias do clan Matalobos tras cinco temporadas de emisión

Cotas de share do 21% e unha audiencia media de 175.000 espectadores, Matalobos , a serie de Voz Audiovisual que conta a historia dun clan de narcotraficantes, despídese esta noite da pantalla da TVG. Faino con Non volvas a vista atrás un capítulo que pon fin a cinco temporadas e numerosos premios: Mestre Mateo á mellor serie de televisión en varios anos (2009, 2010 e 2011) ou Premio Circom (2012) á mellor ficción televisiva que concede a organización europea de televisións públicas rexionais.. Amplía a nova>>

15/01/2013
Tres ciclos de cine achegarán clásicos no Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán recupera o seu ritmo de traballo habitual trala apertura da súa sede social con tres ciclos de cine. O primeiro deles, de temática bélica abre esta tarde as proxeccións con Adeus ás armas, a adaptación da obra de Hemingway. Os falisficadores, Stalingrado, Terra e Liberdade conforman a programación desta aposta que se exhibriá todoso os martes. Despois chegarán as proxección de filmes ambientados no século XVIII onde o encargado de abrir o ciclo será a cinta de Ridley Scott sobre un relato de Joseph Conrad, Os duelistas. Será o humor, con obras clásicas de Billy Wilder e unha achega aos humoristas británicos Monty Python quen peche a programación cinematográfica deste primeiro cuatrimestre.. Amplía a nova>>

15/01/2013
O Festival de Cans abre o prazo de presentación de curtametraxes

Ata o 15 de marzo está aberto o prazo de admisión de curtametraxes da décima edición do Festival de Cans. Unha cita que mantén as mesmas categorías e a dotación económica dos seus premios (6.200 euros para curtametraxes de ficción, de animación e videoclips) malia o contexto económico. A Asociación Cultural Arela, organizadora deste encontro, “está agora tratando de concretar as axudas que recibirá da administración galega, ademais de procurar novos apoios privados e abrir novas vías de financiamento” segundo explican nunha nota de prensa. En 2012 o festival deixou de recibir a axuda do Ministerio de Cultura que, recortou á metade as súas axudas a este tipo de encontros. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org