Novas | 1831 a 1840 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

05/02/2013
Xurxo Chirro abrirá as proxeccións de primavera do Seminario Flaherty NYC

Flaberty NYC é o nome dunha serie de proxeccións que realiza o prestixioso Seminario Flaherty. Responde ao formato da proxección seguidos por debates presentados polos realizadores falando de cuestións estéticas, do proceso de produción ou dos cambios de traballo. As proxeccións desta primavera, programadas polo crítico Jerónimo Rodríguez, abren este mes de marzo con Xurxo Chirro. O director guardés estará o vindeiro mércores 6 de marzo (a sesión de apertura titúlase “Lovely tapes”) presentando e comentando seu documental Vikingland. . Amplía a nova>>

05/02/2013
Nove empresas acoden baixo o paraugas de Agadic ao mercado de cine de Berlín

O European Film Market de Berlín é unha das citas máis relevantes do mundo de compra e venda de produtos audiovisuais. Prodúcese en paralelo ao coñecido festival de cine e resulta un lugar imprescindible para negociar a venda das producións. Coma vén sendo habitual, haberá unha delegación de producións galegas presentes no encontro, apoiadas por Agadic e no marco do pavillón Cinema from Spain no que tamén está o ao Instituto de Comercio Exterior (ICEX), o Instituto Nacional da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais (FAPAE) e outros organismos autonómicos.. Amplía a nova>>

05/02/2013
Alberto Gracia recibe o premio Fipresci en Roterdamm

O Festival de Rotterdam é un dun dos certames máis esixentes de Europa. Por iso, que a primeira longametraxe de Alberto Gracia (Ferrol, 1978) recibira o premio Fipresci, o da critica, non podería ter mellor carta de presentación. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser regresa da súa estrea mundial co premio que o xurado da Fédération Internationale de la Presse Cinématographique (FIPRESCI) ao realizador da mellor película da sección Bright Future. . Amplía a nova>>

01/02/2013
A Xunta avanza no proceso de creación da Corporación RTVG

Simplificar a estrutura actual e converter a Compañía de Radio-Televisión de Galicia, a Radiotelevisión de Galicia S.A. e a Televisión de Galicia S.A. nun só ente: corporación RTVG. Este é o futuro ente responsable da comunicación audiovisual do país e que a Xunta ten previsto pór en marcha para o segundo semestre deste ano. Onte elevouse ao Consello da Xunta o informe da Comisión Técnica de Seguimento, encargada de facer efectivo a transformación en corporación. Agora, o horizonte de traballo pasa por desenvolver os estatutos, a súa memoria (que concretará obxectivos e fins), definir o tipo de entidade e establecer os seus plans de actuación e o económico-financeiro coa previsión de recursos materiais, orzamentarios e humanos.. Amplía a nova>>

01/02/2013
Play Doc celebrará a súa novena edición do 13 ao 17 de marzo

A novena edición de Play Doc, a cita co universo documental, xa ten datas. Será no mes de marzo, do 13 ao 17 de marzo en Tui. Seguirá fiel á súa liña de traballo audiovisual, exhibindo traballos de calidade do xénero documental ao tempo que busca unha conexión coa música. Canda as datas, os organizadores informan da posta en marcha, un ano máis, de Play-Doc Support, unha campaña de recadación de fondos. Deste xeito pretenden incrementar a colaboración civil no proxecto e paliar os recortes orzamentarios sufridos estes últimos anos. En 2012, as administracións públicas recortaron os orzamentos desta cita.. Amplía a nova>>

31/01/2013
Chega á carteleira o filme de Héctor Carré, Personal movie

Nada de glamour, nada de equipo artístico e equipo técnico nunha gran premiere con pase de fotografías e alfombra vermella. A promoción de Personal Movie fíxoa o propio director, guionista, produtor e distrbuidor co cartel do seu filme colgado, polas rúas da Coruña. Nesa localidade preestréase hoxe o filme, que conta a hitoria dun mozo que esperta logo dunha gran festa e atopa un brazo de muller na neveira. Ao non lembrar nada, decide non chamar á policía e descubrir por si mesmo o quepasou. O filme é unha produción galega, rodada na Coruña e con apoio de Agadic e a CRTVG.. Amplía a nova>>

31/01/2013
O Atenteo Ferrolán pon en marcha A III Mostra de documentais en galego

Alén do ciclo Martes de Cine, o Ateneo Ferrolán acaba de poñer en marcha a terceira edición da súa Mostra de Documentais. Trátase dun proxecto para a dar a coñecer os traballos deste xénero feitos en galego e en Galicia. A cita será para o vindeiro 21 de marzo de 2013 e abre o prazo para que a xente envíe os seus traballos en formato DVD e con ficha descritiva.. Amplía a nova>>

30/01/2013
O Festival Animacam cumpre cinco anos cunha edición presencial

Naceu para ser un festival en rede e agora, cando cumpre cinco anos, Anicama convértese nun festival con sede física. Será na Coruña, no marco do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) e terá lugar do 5 ao 8 de febreiro. O certame seguirá fiel á súas orixes, e continuará coa versión on line (con 41 títulos finalistas) que se complementa coa presencial (con 36 filmes). En ambas as dúas versións o público será determinante para elexir o filme de animación que leva o premio á "mellor película Animacam 2012”.. Amplía a nova>>

29/01/2013
Alberto Gracia exhibiu con éxito a súa primeira longametraxe no Festival de Rotterdam

É a primeira longametraxe de Alberto Gracia e estreouse no marco da 42ª edición do festival de cine de Rotterdam, unha cita imprescindible do cinema alternativo. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, rodado en 16 mm en blanco e negro e posproducido no centro Hangar de barcelona, esgotou as entradas no seu pase de público, tal e como apuntou Jose Luis Losa, director de Cineuropa presente no encontro. No filme, Gracia achégase a historia de Kaspar Hauser, o “neno salvaxe” de Alemaña que medrou durante 16 anos nun establo. A obra está dividida en sete capítulos e ofrece un exercicio de narración experimental, que presenta un mundo sen linguaxe acompañado dunha música sonora que contribúe a crear unha tensión constante. . Amplía a nova>>

29/01/2013
Unha ducia de traballos exhiben en Vigo o novo cinema venezolano

É Vigo unha da ciudades que concentra un maior número venezolanos de todo o Estado e, precisamente onde está o consultado de Venezuela desa comunidade. Por iso, é nesa cidade onde haberá a primeira mostra do novo cine venezolano, co gallo de exhibir as proxeccións que se fan nese país. A cita desenvólvese dos días 30 de xaneiro ao 2 de febreiro e supón a proxección de 12 curtametraxes e as longametraxes Memorias dun soldado, de Caupolican Ovalles, A hora cero, de Diego Velasco, Reverón de Diego Risquez e Patas para arriba de Alejandro Wiedemann. A entrada é de balde.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org