Novas | 1851 a 1860 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

11/01/2013
O galego Juan del Río leva a súa curta Pool ao Sundance

O prestixioso festival de Sundance, un referente da produción independente, contará na sección non competitiva cun traballo galego. Trátase de Pool, a curtametraxe do director Juan del Río (A Coruña, 1988), tal e como afirma o propio creador nunha entrevista concedida a "Compostimes". A curta ten unha historia curiosa ás súas costas, porque no marco dun curso na Ghtetto Film School de Nova York o seu traballo Pool foi elexido para representar a escola norteamericana en Internet logo de estrearse nun gala á que asistiu Robert de Niro. O video, apadriñado por Youtube, acadou 30.000 visitas en 12 horas. . Amplía a nova>>

10/01/2013
Alberto Gracia estreará en Rotterdam a súa primeira longametraxe

A súa primeira incursión no mundo de cinema de autor foi Microfugas, curtametraxe experimental que tentou achegarse aos mecanismos de achegamento á realidade. Tras ese traballo, Alberto Gracia acaba de dar o salto á longametraxe co O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser. E a súa estrea mundial terá lugar no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam, unha das citas máis relevantes do cinema. A premiere terá lugar na sección Bright Future reservada para creadores que presentan as súas primeiras obras.. Amplía a nova>>

10/01/2013
A directora do ICAA explicará as vindeiras liñas de axuda do seu departamento

Susana de la Sierra é a responsable do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), entidade que xestiona a política audiovisual no Estado. Estará en Santiago o vindeiro xoves 17 de xaneiro, convidada polo Clúster Audiovisual de Galicia (CLAG) ), co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), para dar a coñecer as diferentes liñas de apoio do ICAA á industria cinematográfica española e as súas perspectivas de futuro. Unha xornada de balde, previa inscrición, na que os produtores asistentes poderán debater aspectos relativos ao sector.. Amplía a nova>>

09/01/2013
O Cineclube Compostela dedícalle un ciclo ao conflito palestino

Unha ollada sobre Palestina contada na voz de documentalistas críticos como son os finados Mustafa Abu Ali ou Jahn var der Keuken, xunto con Carolina Rivas, unha recoñecida realizadora mexicana, ou o galego Alberte Pagán. Este é o ciclo que este mes de xaneiro programa o cineclube compostela (todos os mércores ás 21:30 horas en versión orixinal con subtítulos en galego) e que arrinca esta noite. Non existen e Os palestinos son dous documentais breves que afrontan desde diferentes perspectivas os campamentos de refuxiados palestinos do sur do Líbano.. Amplía a nova>>

08/01/2013
Padre Casares comeza unha nova temporada

Noivos e noivas é o título do episodio co que Padre Casares abriu onte a súa 12 temporada consecutiva na Televisión de Galicia. En total, son quince episodios dunha das series de maior éxito da cadea pública e que elabora Voz Audiovisual. A serie continúa co progarmada Louredo responde,no que os habitantes de Louredo atenden, en primeira persoa, ás preguntas dos espectadores da serie. Non será a única cara galega da pequena pantalla, porque esta noite Telecinco estrea Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, unha exmodelo e exactriz, que exerce de matriarca. . Amplía a nova>>

08/01/2013
De animación e de acción

Os actores Elena Anaya e Antonio de la Torre foron os responsables da lectura de finalistas dos Premios Goya, a gran cita do ano. Entre o listado de finalistas hai tres producións galegas como son O apóstolo, Invasor e Todo é silencio que suman un total de sete candidaturas. Os gañadores saberanse o vindeiro 17 de febreiro nunha gala na que parten como favoritas que as grandes favoritas son Blancanieves (con 18 candidaturas), Grupo 7 (16),Lo imposible (14) e El artista y la modelo(13).. Amplía a nova>>

02/01/2013
Crear en 2012 (e II)

Non paran de dicilo críticos, expertos e os libros de historia: os períodos de crise son tamén momentos de gran creatividade. O ano 2012 foi, sen dúbida, un ano crítico no que a financiamento se refire. Houbo un claro retroceso de apoio público que se evidenciou nunha baixada de orzamentos en case todos os grandes festivais, actividades, liñas de axuda. Traduciuse na desaparición de compañías, festivais e un panorama desolador para o sector cultural. Pero tamén houbo, en paralelo, un rexurdir de xéneros novos formatos e propostas, unipersoais, de orzamento cero, con grande imaxinación que sinalaron cara un novo camiño. Repasamos as tendencias do 2012 en canto a arte, artes escénicas e audiovisual.. Amplía a nova>>

02/01/2013
Os Cineclubes intensifican a súa actividade

Os cineclubes galegos proxectaron un total de 338 películas de 40 países diferentes entre outubro de 2011 e outubro de 2012, 15 filmes do que no período anterior. Estas actividades chegaron a un total de 25.020 espectadores, destacando o traballo do Cineclube Padre Feijóo de Ourense, que contou con 8.222 asistentes repartidos nas súas 37 proxeccións. Como novidades deste ano, a Federación Galega de Cineclubes destaca o afianzamento da achega que realiza AGADIC a estas entidades, de 24.000 euros ao ano, malia a salientar un descenso no apoio municipal. Ademais, saúda que finalmente neste período se comezou a distribuír polos cineclubes galegos a programación que desenvolve o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). . Amplía a nova>>

19/12/2012
Ferrol celebra a súa XII Mostra de Curtametraxes

Como unha cita xa consolidada do panorama audiovisual, o Ateneo de Ferrol presenta a XII Mostra de Curtametraxes. O evento, que se desenvolven hoxe e mais o vindeiro día 21 comprende no seu programa vinte e catro producións en galego, castelán, catalán e inglés, na súa maior parte de cineastas noveis.. Amplía a nova>>

18/12/2012
Acto de Primavera escolle Arraianos como película do ano

Arraianos, de Eloy Enciso, foi o mellor filme galego de 2012. Cando menos, así se desprende das votacións que 21 críticos e xornalistas realizaron para o I Premio Acto de Primavera. O galardón foi promovido por Xurxo González, Martin Pawley e José Manuel Sande a través do blog Acto de Primavera coa intención de "salientar o bo momento creativo do cinema galego e, ao mesmo tempo, converterse en punto de encontro da crítica e a información cinematográfica do país". O certame contou coas votacións de críticos como Miguel Anxo Fernández, Montse Dopico, Eloy Domínguez, Eduardo Galán, José Luis Losa ou Iago Martínez, ademais dos emitidos polos propios organizadores.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org