18/12/2012
O Ateneo de Ourense recoñece a Reixa e o Festival de Cans
O I Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura foi para Antón Reixa, e mais para o Festival de Cans. A histórica entidade cultural instituiu este galardón para "distinguir personalidades destacadas no ámbito da creación cultural cuxo traballo fortaleza a expresión creativa e a liberdade de pensamento". No caso de Reixa, o xurado recoñeceu o seu compromiso co país, a súa traxectoria profesional e o seu carácter de librepensador. Pola súa banda, o festival do Porriño viu recoñecido o seus labor de promoción do audiovisual galego. .
Amplía a nova>>
17/12/2012
A TVG estrea o martes un filme sobre a figura de Concepción Arenal
Está considerada unha das primeiras feministas do Estado polos seus estudos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e a denucia da marxinación das mulleres en todas as facetas. Agora, a historia e vida de Concepción Arenal chega á TVG en forma de película baixo o título
Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Esta semana tamén se estrea outro traballo, trátase do documental “Con etiqueta”, que se achega a un grupo de persoas vencelladas a doenzas mentais para descubrir o proceso vital de xente que comparte esa etiqueta. Este filme estrearase na Egap (venres 21, 20:00 horas)..
Amplía a nova>>
14/12/2012
Curtocircuíto abre o prazo de recepción da décima edición
Ata o de 10 de febreiro de 2013 esta aberto o prazo para participar na vindeira edición de Curtocircuíto. O Festival de curtametraxes que promove o concello de Santiago cumprirá dez anos do 23 ao 28 de abril, como un referente neste xénero curto. As categorías a competición son Internacional, Compostelae (nacional), By Galicia e Escolas Galegas. Nas bases figura que os traballos presentados deberán ter sido realizados despois do 1 de xullo 2011. .
Amplía a nova>>
13/12/2012
Mabel Rivera e José Ángel Egido protagonizan novas series para televisión
Televisión Española e Telecinco estrean estes días dúas novas series que contarán coa presenza de actores galegos. Dunha banda, Jose Ángel Egido protagoniza
El asesinato de Carrero Blanco este thriller que reconstrúe o atentado do militar e político en 1973. Trátase dunha miniserie dirixida por Miguel Bardem. Telecinco tamén estrea
Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Nela Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, a matriarca, que é unha exmodelo e exactriz. Esta serie está dirixida por José Ramos Paíno (El Comisario), Ignacio Mercero (Motivos Personales) e Víctor García de León (Vete de Mi). O creador de Cuéntame é o coordinador de guións desta nova aposta..
Amplía a nova>>
12/12/2012
Senunpeso renova a oferta formativa do Laboratorio Audiovisual de Vedra
Obradoiros para aprender a competir para a pantalla, aprender a difundir dun xeito eficaz unha mensaxe audiovisual, dirección artística “low cost”….ata un total de dez cursos fan parte da oferta formativa da vindeira edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra. A proposta que fai o colectivo Senunpeso.org arrinca nunha edición para a que preparan un proxecto que suporá un punto de inflexión na organización deste singular encontro. A cita desenvolverase os días 16 e 17 de febreiro e xa teñen aberto o prazo de inscrición dos cursos. .
Amplía a nova>>
11/12/2012
Tres filmes galegos reciben axuda para a amortización do ICAA
As axudas a amortización son ese tipo de achegas que o Estado concede polo recadado en taquilla, e que o Estado manifestou a súa intención de eliminar. O ICAA acaba de resolver a convocatoria deste ano (que fai referencia a filmes entrenados no segundo semestre de 2010) e neles figuran as seguintes producións galegas
Retornos (Vaca Films),
18 comidas (Tic Tac Produciones e Zirzozine) e
A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (Abano Producións e Contintental). A achega dos tres títulos suporalle ás produtoras galegas un total de 173.172,33 euros..
Amplía a nova>>
11/12/2012
Galicia celebra o centenario de Celso Emilio o 12-12-12
O centenario de Celso Emilio Ferreiro, que se celebra mañá, 12 de decembro de 2012, está a concitar diferentes homenaxes por todo o país. Deste xeito, alumnos de centros de ensino de todo o país participarán mañá, ás 12 da mañá na iniciativa RecitandoCelsoemiliO. O proxecto, artellado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propoón un recitado colectivo e simultáneo do poema
Deitado fronte ao mar do escritor de Celanova. Pola súa banda, o restaurante Rúa, de Compostela, acollerá a homenaxe
Lembrando a Celso Emilio Ferreiro coa intervención do crítico Ramón Nicolás e de Aser Álvarez. O acto inclúe tamén un recitado a cargo de Xiana Arias e Luz Fandiño, e unha actuación musical de O Leo. Tamén a coincidir coa data, a TVG estreará o documental 100% CEF, no que Luís Tosar interpreta o poeta e que está dirixido por Aser Álvarez..
Amplía a nova>>
11/12/2012
A TVG amplía a oferta de subtitulado de producións audiovisuais
Comezaron con
Casamos! a opción de poder visionar as emisións da cadea na TDT con subtítulos en galego. Agora, despois dunha fase de probas, a Televisión de Galicia incrementa a oferta de programas subtitulados nas súas dúas canles a través da TDT. As series
Hamburgo 112 (de luns a venres),
Libro de familia (os domingos) ,
Grandes lugares,
Donde vai a xente (os sábados) e os documentais de National Geographic (sábados). A oferta inclúe tamén a serie de animación
One Piece, dentro do espazo do Xabarín Club (TG2). A cadea informa tamén que se irán incorporando longametraxes a este proxecto, que se insire dentro do Plan de Acción Integral para as persoas con Discapacidade de Galicia 2012-2013..
Amplía a nova>>
11/12/2012
Engurras destaca na Spanish Cinema Now! de Nova York
Son xa vinte e unha as edicións da
Spanish Cinema Now! que o ICAA e o Instituto Cervantes de Nova York organizan no Lincoln Center de Nova York. Nesta ocasión, enter as 18 películas e 8 curtametraxes seleccionadas hai unha produción galega,
Engurras, que se proxectará o vindeiro domingo 16, día de peche da mostra. A cita pretende dar un escaparate para coñecer o pulso creativo do cinema español en Estados Unidos. A mostra arrincou o pasado domingo que rende tributo a Luis Buñuel cunha retrospectiva..
Amplía a nova>>
10/12/2012
Novos premios para o audiovisual galego en Palencia e Estremadura
Esta fin de semana tivo lugar en Palencia o 24 Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campoo. Unha cita na que Carlos Blanco recibíu o premio a mellor actor por
Desayuno con diadema. Non foi o único galego, xa que Nani García recibiu o premio pola banda sonora de
O xigante, cinta de animación dirixida por Luis da Matta Almeida. Antes ca estes premios, Pela del Álamo gañou o premio á mellor longametraxes en Extrema´Doc con
Nacional VI e a cinta continúa o seu percorrido en Lanzarote onde esta semana participa na Mostra de Cine Europeo. .
Amplía a nova>>