10/12/2012
Un canguro todoterreo
Tutú é un canguro que non ten mobilidade, por iso para moverse precisa rodas, alas ou hélices. A súa mellor amiga é Nina, unha pulga interactiva moi, moi pequena. Raffa é unha xirafa que ten complexo de alta e Tupa é unha toupa ecoloxista. Estas son algunhas das personaxes que compoñen
Tutú, un proxecto a medio camiño entre proposta educativa e de entretemento, co que Ficción Producións explora novos camiños..
Amplía a nova>>
07/12/2012
Varias producións galegas figuran no listado das candidatas aos premios Goya
O sexo dos anxos,
Invasor,
Lobos de arga,
O apóstolo,
Operación E ou
Vilamor son algunhas das producións galegas preseleccionadas para a vixésimo sétima edición dos Premios Goya. De momento, a Academia ten no seu sitio web o listado de todas as producións que cumpren coas bases e, polo tanto, entran no proceso para escoller os mellores títulos audiovisuais do ano 2012. Entre as candidatas, hai producións galegas e case todas as categorías, no entanto, destaca a ausencia de producións galegas nas categorías de curtametraxes e a escasa presenza no sector da animación. Neste caso só figura unha produción no apartado de mellor longametraxe de animación, con
O apóstolo. .
Amplía a nova>>
03/12/2012
Nadie tiene la culpa acada varios premios na VIII mostra “Vila de Noia”
A oitava edición da Mostra de Curtas “Vila de Noia” botou o peche onte coa entrega de premios. Un total de 6.600 euros que se repartiron entre numerosos proxectos. A gañadora foi
Nadie tiene la culpa, de Esteban Crespo que aborda con ironía as razón dunha separación, que se fixo co premio a mellor curta, mellor dirección e a interpretación de Pilar Castro. O mellor guión foi para
Anacos de Xacio Baño, mentres que Luis Zahera recibiu o premio a mellor actor por
Conversa cunha muller morta O premio honorífico foi para Antonio Mourelos. .
Amplía a nova>>
30/11/2012
Máis festivais galegos quedan fóra das axudas do Ministerio de Educación
A Secretaría de Estado de Cultura acaba de facer pública a relación de beneficiarios da segunda fase de axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos. Nesa listaxe só figura unha cita galega, Cineuropa, que recibirá 10.000 euros. No apartado de excluídos están o festival euroárabe Amal, o de Cine Internacional de Ourense, o de Cine Fantástico e de Ciencia Ficción da Coruña e o Culturgal. Deste xeito só dúas citas: Play Doc e Cineuropa recibirán axuda desta partida, cun total de 15.000 euros entre as dúas, lonxe dos 76.000 euros que o noso país recibiu para este fin en 2011..
Amplía a nova>>
29/11/2012
A pequena pantalla medra
A aparición da televisión dixital multiplicou a variedade e a forma de acceder aos contidos. E máis que vai cambiar. De momento, os avances son tímidos, malia que os proxectos son cada vez maiores, cuestións xurídicas (principalmente a xestión dos dereitos) e desenvolvemento tecnolóxico, frean os avances. Coas canles de subscrición de R de Play Doc e Músicas Tolemias estes días asistimos a presentación de diferentes propostas que avanzan novos horizontes para a produción galega. .
Amplía a nova>>
27/11/2012
Comeza en Vigo a Semana de Cine Submarino que reduce a súa programación
É un clásico na programación do outono vigués, a Semana de Cine Submarino, que chega mañá mércores á carteleira. Faino coa proxección de
Pacífico Sur: un océano de islas que abre tres días de proxeccións e presentación a cargo dun científico relacionado co mundo mariño, máis as xornadas para escolares. Nesta ocasión non haberá ningunha produción galega na programación e desenvolverase no Centro Cultural Novacaixagalicia..
Amplía a nova>>
27/11/2012
A TVG apoia financeiramente 16 proxectos audiovisuais neste 2012
En 2011 a CRTVG regulou unha nova forma de presentar as solicitudes de proxectos audiovisuais de interese para a cadea, ao abrir un rexistro sen límites temporais aos as empresas podían presentar as solicitudes. Seguindo este procedemento a entidade acaba de facer pública a relación de 16 proxectos audiovisuais nos que participará neste ano. Son 8 longametraxes cinematográficas (
El Niño,
Os Fenómenos,
A praia dos afogados,
O ouro do tempo,
A actriz Margarita Xirgu,
Soños arraianos,
As altas presións e
Lobos sucio) unha película para televisión(
La Rueda), tres series de animación (
Cocorico,
Tutú e
Escravos da terra) e catro documentais (
Escravos da terra,
Metílico,
1980 e
O feitizo xenético dos Austrias)..
Amplía a nova>>
23/11/2012
A CRTVG emitiu o ano pasado 750 actuacións do novo talento galego
O primeiro informe de responsabilidade social corporativa da CRTVG ofrece datos como que esta cadea emitiu en 2011 unhas 750 actuacións de promoción do novo talento galego. A través das súas catro canles, emitiu 2.800 horas centradas na atención especial ás minorías, 61.000 horas en galego, das que 5.700 corresponderon a programas culturais e divulgativos, 2.600 a contidos infantís e 10.700 horas a espazos informativos. O documento fai referencia tamén ao desenvolvemento de 78 accións en defensa da cultura e ao establecemento de 8 convenios en vigor para favorecer proxectos culturais, así como o apoio de iniciativas sociais, coa sinatura de 6 convenios e de 18 accións para a integración.
Amplía a nova>>
23/11/2012
Chega a carteleira Invasor, o último filme de Vaca Films
Un médico militar (Alberto Ammann) que, tras estar a piques de morrer nun atentado durante unha misión internacional en Oriente Medio, volta á casa. Aos poucos vai recuperando lembranzas que o leva a renegar da versión oficial e a unha busca pola verdade. Daniel Calparsoro dirixe a nova aposta de Vaca Films, un filme rodado na Coruña e con abondoso equipo técnico e artístico galego. A cinta terá 252 copias en toda España e ningunha en galego..
Amplía a nova>>
21/11/2012
Un ciclo de cine afonda nas diferentes representacións da emigración
A visión da emigración que Sergio Leone presenta en
Once upon a time (Érase unha vez en América) é ben diferente da documentación dos fluxos migratorios galegos na Arxentina de Margarita Ledo en
A cicatriz branca pero contribúen a dar unha visión poliédrica da mesma realidade. Por iso, estes títulos xunto con escolmas do NODO ou filmes como
Tierra de nuestros mayores de Manuel Eirís ou
La puerta del cielo de Michael Cimino conforman o ciclo “Cine e Emigración” que o Consello da Cultura Galega e o CGAI programan desde hoxe. O desprazamento físico, antropolóxico e vivencial tanto a latinoamérica como aos Estados Unidos vistos tanto dun xeito autóctono como desde o de grandes superproducions americanas son os eixes que xustifican a escolla dos títulos..
Amplía a nova>>