20/11/2012
Engurras suma novos premios ao seu palmarés
Mentres agarda polos Premios Europeos de Cine, que se desenvolven o vindeiro1 de decembro en Malta,
Engurras continúa ampliando o seu palmarés. Os últimos premios son o de mellor película no Festival de Cine de Alcalá de Henares (Alcine), na súa categoría de Pantalla Abierta. O filme conta con proxeccións en Estados Unidos (Washington) e Macedonia. Outro filme que suma un novo recoñecento é
Polvo, coproducido por Tic Tac Producions,que acaba de recibir a Competencia de ficción del Festival Internacional de Cine de Antofagasta (Chile). O xurado destacou do filme que “consegue facer da súa historia unha metáfora do seu país”. O filme tamén está de actualizade porque mañá se estrea en Guatemala..
Amplía a nova>>
20/11/2012
Da artesanía ao turismo polo audiovisual
Vídeos que convidan a coñecer algunhas das persoas que traballan coas mans na comarca da Mariña. Este é o eixe do proxecto
Alma da artesanía, unha iniciativa que se presentaba o pasado 8 de novembro cunha rolda de prensa en Twitter. Fotografías de Iván Nespereira e Matteo Bertolino e a visións do realizador Pela del Álamo dan a coñecer traballos com os de oleiros, redeiras, ferreiros ou carpinteiros de ribeira que, nalgúns casos, están en risco de desaparición..
Amplía a nova>>
20/11/2012
Salvador García Bodaño e Quintana Martelo entre os Premios da Cultura Galega
Salvador García Bodaño na categoría das Letras; Manuel Quintana Martelo na das Artes Plásticas; o grupo de teatro Airiños (Rianxo) na das Artes Escénicas; a Fundación Eduardo Pondal en Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural; a Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galicia; Manuel Rodeiro en Música e Miguel Anxo Fernández na modalidade de Creación Audiovisual. Estes son os Premios da Cultura Galega 2012, uns galardóns convocados pola Xunta para recoñecer o traballo de persoas e institucións nos distintos eidos da creación. .
Amplía a nova>>
19/11/2012
O apóstolo suma premios mentres se lle acumulan problemas de distribución
Cara e cruz para O Apóstolo, o filme de Fernando Cortizo que produce Artefacto. O filme acaba de sumar un novo premio ao seu completo palmarés ao recibir o galardón de mellor película no Festival CineHorizontes de Cine Español de Marsella. Con todo, non todas son boas novas para este filme de animación. Isabel Rey, produtora executiva do filme confirma que “malia ter 80 copias pactadas en todo o Estado, só se están a poñer 25, e destas algunha delas en horario matutino e nun único pase”. O problema de distribución e de exhibición, sen ningunha copia en galego, fai que desde a produtora estean a buscar circuitos alternativos para poder exhibila. “Estamos a barallar as redes da SGAE e da Fundación Novacaixagalicia” asegura Isabel Rei..
Amplía a nova>>
19/11/2012
Agustín Fernández Paz leva o Premio da Crítica á creación literaria
O Hotel Os Escudos de Vigo acollía o pasado sábado a XXXV Edición dos Premios da Crítica de Galicia. A obra
Fantasmas de luz de Agustín Fernández Paz, fíxose co galardón á creación literaria nesta edición, mentres Patricia Fra foi galardoada na categoría de investigación pola súa edición da obra
Regreso a Compostela de Edith Wharton. A Asociación Galega de Compositores viu recoñecido o seu traballo no apartado de música, mentres Carmen Nogueira foi premiada no apartado de Artes Plásticas e Visuais e Xosé Manuel Olveira
Pico no de Artes Escénicas e Audiovisuais..
Amplía a nova>>
16/11/2012
O audiovisual busca no Culturgal encontrarse con público e co sector
Un lugar para que o público coñeza as últimas producions audivosuais (A Esmorga, Operación E, Dúas Letras…) pero tamén para que o sector poida debater o papel dos dereitos de difusión ou experiencias didácticas. O sector audiovisual ten claro que esas son as dúas liñas de traballo e son as que exhibirá no Culturgal, na feira das industrias culturais que terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro en Pontevedra. .
Amplía a nova>>
16/11/2012
A televisión rexional prepara en Compostela o seu modelo
O futuro incerto das televisións públicas fai que a xornada que hoxe comeza na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago teña especial relevancia . Os representantes de Circom, a Asociación Europea de Televisións Rexionais, abordarán os contidos da 31 Conferencia Anual, que se desenvolverá en maio de 2013 baixo a organización da CRTVG. Nesta xuntanza preparatoria, os directivos abordarán proxectos de coproducións, cooperación, actividades de formación e un estudo sobre a dimensión da televisión rexional..
Amplía a nova>>
14/11/2012
Xabier Bermúdez conclúe en Vedra a rodaxe do seu novo filme
O ouro do tempo é un drama que conta a historia dun doutor que leva corenta anos conservando o cadáver da súa fiada muller esperando que a ciencia poida devolvela á vida nalgún momento. Protagonizada por Ernesto Chao, Marta Larralde, Nerea barros e Manel Cortés rematou onte no concello de Vedra (A Coruña) as gravacións deste filme, rodado integramente en galego. Coa expceiciónd e Alfonso Sanz, director de fotografía, o equipo técnico e artístico é totalmente galego. A produción conta cunha achega de Agadic (323.239,44 a produción), está á espera de concretar a participación da Televisión de Galicia e ten prevista a súa estrea en 2013..
Amplía a nova>>
13/11/2012
Lois Patiño estrea no Festival de Cine de Roma a súa última curtametraxe
Montaña en sombra é o título do último traballo de Lois Patiño (Vigo, 1983) e co que se presenta no Festival de Cine de Roma. Nesta curtametraxe, o realizador vigués continúa fiel á súa liña de traballo de documental de corte experimental onde a paisaxe e natureza gozan de especial protagonismo. Esta vez trasládase á montaña, para observar a uns esquiadores para afondar na relación do home e a inmensidade da paisaxe. Unha atmosfera onírica contribúe a crear unha das súas nova Producións que se estrea en Roma, na sección competitiva Cinema XXI..
Amplía a nova>>
12/11/2012
Fóra de pantalla
A historia de amor entre un soldado polaco e a viúva dun soldado alemán no remate da Segunda Guerra Mundial que retrata
Roza, do polaco Wojciech Smarzowski , convence ao xurado da 17 edición do Festival de Cine de Ourense. Unha cita que pechou as súas portas cun aforo medio do 70% o que, en palabras do seu voceiro Diego López, “é un alivio e unha satisfacción saber que o traballo feito é recompensado pola cidadanía”. Este ano estivo marcado polas incertezas de tipo organizativo e económico que trazan un punto de inflexión no festival de cine de Ourense..
Amplía a nova>>