Novas | 1891 a 1900 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

08/11/2012
O proxecto da A ultima viaxe do afiador chega ao festival de Cine de Ourense

Non se estreará ata xaneiro de 2013, pero o proxecto documental A ultima viaxe do afiador continúa a súa xira de presentación por Galicia. A última cita foi no marco do Festival de Cine de Ourense onde o seu director Aitor Rei, estivo a explicar as características deste filme que conta a historia de Armando Álvarez, un afiador que comeza a súa última viaxe tras toda unha vida dedicada ao mesmo oficio. Non foi o último filme galego do festival, xa que o italiano afincado en Ourense, Simone Saibene, deu a coñecer 9 ondas, a súa primeira longametraxe. Nela conta a historia dun home que perde a memoria tras beber da aunda dunha fonte que lle permite iniciar unha viaxe cara á súa verdadeira identidade. . Amplía a nova>>

08/11/2012
Creadoras: a través dos lugares

Hoxe conclúe en Ferrol a II edición do Ciclo Creadoras Galegas de Imaxe, unha cita convocatada para dar a coñecer e difundir propostas e obras de mulleres. Pechan esta edición que se desenvolve en Ferrol, tres proxeccións que afondan na idea do contexto, é dicir, dos lugares e dos momentos históricos. Ademais, Xisela Franco e Cora Peña, dúas creadoras audiovisuais, participarán na mesa de debate moderada por Encarna Otero.. Amplía a nova>>

07/11/2012
Os escolares de Pontevedra acaparan os premios do Festival de Cine de Ourense

O festival de Ourense entrou no ecuador desta edición coa entrega de premios do seu concurso para escolares no que participaron 1.100 alumnos de 57 grupos. Os gañadores foron os CEIP Mester Valverde de Mayo en Mos co seu traballo Maxín, na categoría infantil, e o IES A Chapela de Redondela con Eu falarei. En realidade os escolares da provincia pontevedresa case acapararon o palmarés desata edición porque gañaron o segundo premio infantil (A tartaruga que quería durmir) e o de secundaria (Pedigree do IES Manuel García Barros da Estrada). O premio Ponte nas Ondas recaeu nos escolares dun centro de braga por A minha avó…contame-me uma historia. O xurado concedeu unha mención especial ao traballo feito polo CPI Virxe da Saleta con Unha cuestión de educación.. Amplía a nova>>

07/11/2012
Xosé Manuel Olveira, Pico, premiado en Braga polo seu papel en Sinbad

Aurelio, ou o vello Sinbad, é un vello mariñeiro que comparte os seus coñecementos fantásticos entre os seus compañeiros diarios de café e dominó. O papel, que interpreta Xosé Manuel Olveira, Pico, acáballe de valer o premio a mellor actor en Bragacine, o festival de cine de braga. O filme dirixido por Antón Dobao foi producido por Ficción Producións e Televisión de Galicia. A cinta ten pendente participar noutro festival, o de Cine para televisión 2012 que se celebra a final de mes. . Amplía a nova>>

07/11/2012
Creadoras: Traballo e resistencia

Hai varios denominadores comúns que enfían a segunda das xornadas do ciclo Creadoras galegas da Imaxe (Centro Sociocultural Novacaixagalicia, Ferrol), pero entre eles destaca esa ollada común ao mundo laboral. Nesta ocasión a protagonistas centran a súa narración desde dentro, desde a pel das traballadoras.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Preséntase o Culturgal 2012

A casa da cultura galega é a túa casa. Tí tes a chave é o lema da edición 2012 do Culturgal, Feira das Industrias Culturais. O evento, que se presentaba esta mañá en Pontevedra, desenvolverase no Pazo da Cultura da Cidade do Lérez entre o 30 de novembro e o 2 de decembro e contará con 70 entidades de diferentes ámbitos representadas e máis de 140 actividades. Presentacións de libros, discos e novos proxectos de difusión así unha programación especial para nenos son algúns dos puntos fortes do programa, que trascende a sede o evento e leva propostas ás rúas de Pontevedra.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Dúas producións galegas participan no ciclo documental do Reina Sofía

Á crise cinematográfica, únese unha forma de ollar cara a realidade que muda e innova o concepto do documental tanto na forma como na temática. Nesa mutación, a medio camiño entre a produción audiovisual e artística, o Museo Reina Sofia convoca a once creadores e creadoras a exhibir e falar dos seus traballos. O ciclo, que ten o título, Urxencias da contemporaneidade agrupa a once traballos realizados entre 2011 e 2012 entre os que figuran dous títulos galegos: Vikingland de Xurxo Chirro e, Electroclass de María Ruído.. Amplía a nova>>

06/11/2012
Creadoras: Interferencias

Cinema de autor, videocreación… ou ambas cousas á vez. Estas son as características da primeira sesión do ciclo Creadoras galegas da Imaxe. Baixo o titulo de interferencias pódese ver relatos que amosano utras narrativas, outras temática que se saen do habiatual. Gemma Pardo, María Ruído, e o tándem formado por Xoán Anleo e Uqui Permuy abrente esta tarde en Ferrol un proxecto que pretende dar a coñecer e difundir propostas e obras de mulleres. A cita, que abre esta tarde en Ferrol, está organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega.. Amplía a nova>>

02/11/2012
Santiago gañará unha pantalla de cine coa apertura do novo centro comercial

Este domingo pecharán a sala de cine de Área Central que Cinesa mantiña desde hai 19 anos en Santiago de Compostela. O motivo é que a exhibidora se traslada ao novo centro comercial que abrirá as súas portas o vindeiro día 15 de novembro. Vaino facer con 8 pantallas, unha máis das que mantiña no antigo centro. Mentres tanto a oferta cinematográfica redúcese ás 6 pantallas que ten o Valle Inclán no centro da cidade. A oferta diminueu este ano coa perda do cine Compostela que pechou as súas portas tras varios anos ofrecendo cinema independente. . Amplía a nova>>

02/11/2012
Arrinca a 17 edición do Festival de Cine de Ourense cunha programación máis reducida

Detrás quedan meses de incertidume, de debate político que superou o puramente cinematográfico trala decisión da Deputación de Ourense de rescindir o seu apoio económico e formal ao encontro (trala disolución do Consorcio que o organizaba). Malia a todo, a 17 edición do Festival de Cine de Ourense arrinca esta noite coa gala inaugural, na que se proxectará o filme Buscando a Eimish. Abre así unha cita que conta con 45 filmes, dos que 12 títulos competirán pola Calpurnia, premio do festival. A presenza galega queda reducida nesta ocasión a un ciclo paralelo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org