31/10/2012
Cineuropa presentará este ano unha edición máis reducida
Seguirá fiel á súa esencia de cinema independente e ás fórmulas de programación habituais (en diferentes salas da cidade con programación complementaria) pero máis reducida. A vixésimo sexta edición de Cineuropa desenvolverase en Santiago do 8 ao 30 de novembro. Da programación complementaria, sábese do concerto que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Nacho de Paz, ofrecerá o xoves 22 de novembro que lle poñerá música ao clásico do experionismo alemán, Nosferatu. En canto as proxeccións, Cineuropa volverá acoller este na programación o II ciclo de proxeccións, agrupadas co título “A construción do relato ideado” no que se proxectarán
Tralas luces, de Sandra Sánchez,
Electroclass de María Ruído e
Apuntamentos para un cine. A cicatriz blanca de Sivia Roca mais Ramiro Ledo..
Amplía a nova>>
31/10/2012
Ourense complementa o OUFF con gastronomía inspirada en filmes
Baixo o título
Ourense sabe a cine, o concello de Ourense completa a oferta cultural relacionada co festival de cine, o Ouff. Trátase dun programa gastronómico no que participan 36 restaurantes e taperías da cidade co obxecto de ofrecer pratos inspirados en filmes cinematográficos. Tapas a partir de 1.80 e menús desde 14 euros conforman unha oferta que supera o estritamente cinematográfico pero que é unha liña de traballo que tamén realizan outros encontros deste tipo como o Festival Amal en Santiago..
Amplía a nova>>
30/10/2012
Varios documentais galegos participan en festivais internacionais
Estes días celébrase en Copenhague o CPH:DOX, un festival internacional de curtametraxes que conta coa presenza dun título galego. Trátase de
Fóra de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas que compite na sección "New Visions" . O filme, que se centra na historia do manicomio de Conxo, contou cunha axuda a talento da Agadic (16.175,74 € en 2011). Canda este documental,
arraianos de Eloi Iniciso vén de participar noutra importante cita para este xénero o DOC Lisboa. O filme retrata,a partir dunha obra de Jenaro Mariñas del Valle, a vida dos habitantes da raia entre Galicia e Portugal..
Amplía a nova>>
29/10/2012
A Xunta destaca o papel do CGAI no día do Patrimonio Audiovisual
A restauración que técnicos do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) fixeron da imaxe experimental de Eugenio Granell que se pode ver estes días no CGAC é un dos exemplos que a Xunta quixo destacar do seu labor co gallo do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual(27 de novembro). A cita, declarada pola UNESCO para destacar a importancia da preservación, conservación e difusión dos fondos audiovisuais, serviu para por en valor os diferentes organismos que teñen relación nesta materia: o CGAI, a CRTVG e a Bibioteca de Galicia..
Amplía a nova>>
26/10/2012
A Academia do Cine festexa o día da animación con Engurras
Este domingo é o Día Internacional da Animación, unha cita que a Academia Española de Cinematografía e Artes Audiovisuais celebrará cunha produción galega:
Engurras. A sede da Academia acollerá unha proxección (19:00 horas) e posterior coloquio co director Ignacio Ferreras, o coguionista Ángel de la Cruz e o productor, Manuel Cristóbal. O filme, que opta aos premios do Cine Europeo no apartado de mellor cinta animada, será tamén un dos filmes que represente a España na Mostra de Miami (do 8 ao 12 de novembro). Os recoñecementos non paran de chegarlle a esta producion que, para o xornal The Guardian, está entre os cinco mellores filmes de 2011..
Amplía a nova>>
26/10/2012
Curtopía reaparece en Vigo con curtametraxes e música
A fórmula música e curtametraxes son os ingredientes da segunda edición de Curtopía, o certame de curtas vigués que volve ao circuíto de festivais. Abre a cita o ciclo Raias Traveseiras, adicado as migracións modernas, e con Kaloack, unha curta documental feita polas viguesas Area Erina e Miriam do Roxo sobre a vila máis contaminada do Senegal. Forte presenza do audiovisual galego neste encontro no que hai estreas (
Manuela, curtametraxe do vigués Julian Maguna sobre a relación dunha nai e a sua filla), avances (o documental biográfico de Celso Emilio Ferreiro feito por 100% CEF e protagonziado por Luis Tosar e
Dos soños antes do cinematógrafo, documental que percorre a vida do Xosé Freixeira) e homenaxes (a Enrique Rodríguez Baixeiras, coa proxección de traballos e a rodaxe dun documental sobre a súa figura). Ke Percusión, 23RedAnts e Dreams of Dolly Sheep serán as formacións musicais encargada de porlle música a todo este fenómeno. A cita terá lugar no alga lab de Valadares os días 27 e 28 de outubro..
Amplía a nova>>
25/10/2012
Ráfagas pon en valor o fotoxornalismo
Conferencias (Margarita Ledo, Pepe Baeza, Vítor Mejuto…), proxeccións (
España, frontera sur, de Javier Bauluz,
El sueño de Malika, de Clemente Bernad, entre outras) e unha exposición (a de Gervasio Sánchez, premio Nacional de fotografía e fotoxornalista especializado en xornalismo en conflitos armados) conforman o esquelete de traballo de Ráfagas. Tratase dun proxecto que pretende por en valor o fotoxornalismo e que se desenvolve ata o vindeiro 6 de xaneiro na Coruña..
Amplía a nova>>
24/10/2012
Cineclubes do noroeste peninsular analizan o descenso de público nunhas xornadas
As cifras son bastante elocuentes. Nos últimos tres anos a cifra se asistentes ás salas de cinema reduciuse case á metade. Unha situación que pretende analizar os representantes de cineclubes de Galicia, norte de Portugual e de Castela e León. A cita terá lugar en Lugo, convocada polo cineclube local, o Valle Inclán. Os debate irán acompañados de catro proxeccións cinematográficas:
Entre paradas, producido por Joge Coira,
A última viaxe do afiador, de Aitor Rei,
Cineatas contra magnates do director catalán Carlos Benpar e
Irmáns de sangue de Amo Dierickx..
Amplía a nova>>
23/10/2012
O OUFF incrementa a sección oficial a concurso
Primeiro deron a coñecer os títulos das galas (de apertura e de peche), logo os catro ciclos temáticos que conformarán a programación (Europa, América Latina, Comedia e Panorama Galicia) e hoxe, a organización do Festival de Cine de Ourense deu a coñecer sección oficial a competicion. A novidade é que este ano son doce títulos, dous máis que en edicións anteriores e que o voceiro do festival, Diego López, xustificou “na calidade das cintas”. López tamén explicou que seguirá a ser “un cinema independente, de autor que á súa vez sexa comprometido, que deixe un pouso”..
Amplía a nova>>
22/10/2012
América Latina, Europa, Comedia e Galicia centran os ciclos temáticos do OUFF
Documentais, curtametraxes, de imaxe real e de animación… todos os xéneros e formatos mesturados para dar a coñecer o mellor da realidade cinematográfica en América Latina, Europa e Galicia. Estes son tres ciclos temáticos de carácter non competitivo que presentará o Festival de Cine de Ourense (OUFF) na súa 17 edición. Canda eles, tamén revalidan ao ciclo comedia, para dar a coñecer os últimos traballos deste xénero. .
Amplía a nova>>