19/10/2012
Chega aos cinemas A Paixón de María Soliña
O cines Fílmax Pontiñas en Lalín e os Praza Elíptica de Vigo incorporan hoxe á súa carteleira o filme galego
A Paixón de María Soliña.Trátase dunha longametraxe documental ficcionada que reflexiona sobre a Inquisición Española a partir do proceso xudicial a unha das figuras máis representativas de Gailcia: María Soliña. Protagonizada por Luma Gómez, Xaime Aguiar, Ángel Outerelo e Alfredo Rodríguez, entre outros, conta con equipo técnico e artístico íntegramente galego. O director deste filme é Emilio J. Fernández e Alfonso Castaño..
Amplía a nova>>
18/10/2012
O Festival de Ourense elixe dúas cintas españolas para abrir e pechar esta edición
Un drama sobre as intuicións e sobre o papel que xogano destino na vida das persoas será o filme encargado de abrir a 17 edición do Festival de Cine de Ourense. A cita que arrinca o vindeiro 2 de novembro na cidade das Burgas conta este ano cunha novidade, xa que por primeira vez na súa traxectoria se cobra a entrada as galas. Serán dous euros, unha cifra simbólica que pretende que a cidadanía colabore co financiamento do festival. Esta cinta inaugural,
Buscando a Eimish, narra a viaxe de Lucas por Italia e Alemaña para poder entender o pasado da súa moza e poder recuperala. Outra cinta española,
12+1, una comedia metafísica de Chiqui Carabante será a encargada de pechar a edición. Trátase dunha comedia na que un grupo de persoas vagan polo deserto con intención espiritual que, despois de varios días dubidan se buscan a Deus ou á morte. .
Amplía a nova>>
18/10/2012
Parar no medio da estrada
As estradas, é sabido, teñen a función de servir como conexión entre dous puntos do territorio. Polo tanto, o máis común e transitar por elas, se acaso facer algunha parada técnica ou ollar a paisaxe segundo se pasa. Fronte a isto, dous proxectos que se xestaron en paralelo no noso país propoñen parar no medio da estrada. O estudo
N-550, Da estrada á rúa e mais o documental
N-VI propóñennos repensar uns espazos que fan parte do noso cotián. .
Amplía a nova>>
18/10/2012
Olladas N
Achegamos unha selección de imaxes do documental
N-VI e do proxecto de investigación
N-550. Da estrada á rúa, dúas iniciativas que amosan unha ollada diferente sobre as nosas estradas..
Amplía a nova>>
17/10/2012
Catro festivais de cine galegos non recibirán axuda do Ministerio de Educación
O Festival de Cans, Curtocircuito, A Mostra de Cine Periférico da Coruña, e os Premios Mestre Mateo, todos eles xa celebrados, non recibirán subvención do Ministerio de Educación e Cultura para as súas edicións de 2012. Así figura na resolución do primeiro prazo das axudas a certames e festivais cinematográficos (que atende aos celebrados no primeiro semestre) e que dá un revés a moitas das citas. O Festival de documentais de Tui, Play Doc, é o único encontro galego que figura no listado, cunha achega de 5.000 euros. “É unha redución do 50% con respecto ao que recibimos en 2011, polo que é un golpe moi duro” explica Ángel Sánchez, codirector desta cita que considera que “o peor é pensar no ano que vén, que vai ser unha incógnita”. O Ministerio reduciu a achega para festivais un 60% con respecto a 2011. .
Amplía a nova>>
16/10/2012
A animación centra o IX Encontro Galego de Ilustración
Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convoca aos seus socios e mais ás persoas interesadas ao Encontro Galego de Ilustración, que cumpre a novena xeira o vindeiro 27 de outubro. Desta volta, as posibilidades da ilustración no campo da animación centran os encontros, nos que participarán profesionais do sector como David Rubín, Alberto Taracido,Virginia Curiá, Tomás Conde, Alberto Vázquez e Julián Romero. As peculiaridades da animación 3D, a 2D, a técnica stop motion ou a produción de filmes de animación son algúns do temas que se abordarán..
Amplía a nova>>
15/10/2012
Os gañadores dos Mestre Mateo proxéctanse en Barcelona
Doentes, de Gustavo Balza,
As silenciadas de Pablo Ces e
e amor e cantería de Mikel Fuentes son tres dos traballos gañadores da última edición dos Premios Mestre Mateo, que recoñecen o mellor audiovisual galego do último ano. Estes filmes veranse mañá en Barcelona (Cines Maldà de Barcelona, 20:00 horas, de balde) grazas a un acordó entre as academias do audiovisual galega e catalá. .
Amplía a nova>>
11/10/2012
A 17 edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores coa presentación do cartel
Nun ano especialmente crítico para o festival de Cine de Ourense (tralo anuncio da disolución do Consorcio que o organizaba por mor da saída da Deputación) a cita continúa adiante polo apoio do concello desta localidade. A entidade fixo pública a presentación do cartel da 17 edición que terá lugar do 2 ao 11 de novembro. A cita terá unha programación máis reducida, xa que só mantén unha sección oficial de carácter competitiva (de longametraxes), aínda que está por ver cal será a programación final. Malia que só tivo aberto 5 semanas o prazo de recepción de traballos (en 2011 foi de 15 semanas) nesta edición recibiron 128 traballos de 41 países, e tan só 4 traballos de Galicia. .
Amplía a nova>>
10/10/2012
A tvmovie Sinbad selecciona para dous festivais en Braga e Barcelona
Fai parte do proxecto “Un mundo de historias” co que Televisión de Galicia adaptou para a pequena pantalla contos clásicos do sistema literario galego. O último título en adscribirse a este proxecto, iniciado en 2002, foi
Sinbad, dirixido por Antón Dobao que se base ana obra
Se o vello Sinbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro. O filme foi seleccionado no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine 2012, e no Festival Europeo de Cine para Televisión 2012, Zoom de Igualada (Barcelona). O filme rodouse en galego e conta como protagonistas a Xosé M. Olveira, Pico, Sara Casasnovas e Mariña Sampedro..
Amplía a nova>>
08/10/2012
Engurras proxectarase en Miami no festival de Cine Recente de España
Dúas producións premiadas que continúan o seu periplo internacional:
Engurras chega ao festival Miami chamado “Cine Recente de España” xunto cos filmes Grupo 7 e Teño ganas de ti. A cita terá lugar o 8 ao 11 de novembro. Moito antes, este mércores, outro filme galego
18 comidas proxectarase en Estambul, no Instituto Cervantes. Será unha proxección na que tamén estará o director, o lucense Jorge Coira..
Amplía a nova>>