27/05/2014
O III Primavera do Cine celébrase na estreiteza
A unha semana de completar o seu proxecto de crowdfunding na plataforma Verkami, o Festival Primavera de Vigo confirma que se celebrará nas datas previas. Malia a non obter polo momento os 2.100 solicitados, a organización adianta que a terceira edición deste evento centrado en curtametraxes, longametraxes e videoclips se desenvolverá entre o 4 o 8 de xuño. No programa, destacan as estreas en Galicia das producións
Blockbuster e
El rayo ou da curtametraxe
Tupper, recentemente premiadas en Cans..
Amplía a nova>>
26/05/2014
Xacio Baño e Iria López impóñense en Cans
Rematado o XI Festival de Cans, xa se coñecen os gañadores desta edición.
Ser e voltar, de Xacio Baños, fíxose con Can de Pedra e os 1.500 euros á mellor curtametraxe de imaxe real, mentres Iria López impúxose na categoría de animación pola curta
Jamón. Pola súa banda, o público escolleu como mellor traballo
Tupper, de Ángel Manzano, mentres o xurado dos veciños seleccionou
3-1=0, de Juan Galiñanes para lle outorgar o seu Can de Pedra..
Amplía a nova>>
20/05/2014
Xogo de Heroes faise co I Premio de Webseries da CRTVG
Unha aventura épica ao longo do Camiño de Santiago protagonizada por seis heroes da historia galega. Esta é a base de
Xogo de Heroes, o proxecto que acaba de se impor entre os 17 candidatos ao I Premio de Webseries da CRTVG
Historias do Camiño. Roberto Conde, que xa participara en proxectos como
Gran Compadre é o autor desta iniciativa e agora poderá perfeccionar a súa proposta nun obradoiro de formación con profesionais ademais de que a CRTVG adquirirá os dereito do capítulo piloto da súa produción. Canda a el, os proxectos
Tres pitos e un capón e
Imos aviados ficaron como finalistas e os seus autores tamén poderán optar ao obradoiro formativo. O xurado destacou a alta calidade das propostas que se presentaron ao certame..
Amplía a nova>>
16/05/2014
Juan Pinzás entra na Academia de Cinema Europeo
A Academia de Cinema Europeo, (European Film Academy), conta desde hoxe cun membro galego. O director de cinema vigués Juan Pinzás aceptou a invitación para se unir a esta institución que agrupa a preto de 3.000 profesionais de todo o mundo. A entidade é a responsable, entre outras cuestións, de escoller os premios de cinema europeo. A coincidir con esta nova, Pinzás anunciou que está traballar nun novo proxecto en Europa..
Amplía a nova>>
15/05/2014
Cinco produtoras participan no Marché du Film de Cannes
Abano Producións, Artefacto Producciones, Dragoia Media, Ficción Producciones e Vaca Films son as empresas galegas que participan, desde onte e ata o vindeiro 24 de maio, no Marché du Film de Cannes. As firmas do noso país achéganse ao máis importante mercado cinematográfico do mundo no marco dunha misión comercial organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica. Entre outras producións, a delegación galega buscará financiamento ou distribución para títulos como
A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella,
O Apóstolo,
Organistrum,
Meñique ou
Welcome to Harmony..
Amplía a nova>>
13/05/2014
A serie Regalo de Memoria recupera o testemuño de persoeiros do país
Catorce persoeiros do noso país debullan as súas memorias ante a cámara en diferentes entrevistas. A Fundación Araguaney presentaba esta mañá en Compostela a serie documental
Regalo de Memoria, unha produción que CTV desenvolveu a partir da novela do mesmo título que escribiron Ghaleb Jaber Ibrahim e Noemí Martínez en 2011. A iniciativa pretende pór en valor as memorias e o coñecemento de persoas de avanzada idade que son relevantes para o país. A Fundación cedeu de xeito gratuíto a V Televisión e á TVG o material das entrevistas do cal se tiraron os episodios de media hora que se poden consultar íntegros na rede..
Amplía a nova>>
09/05/2014
A Xunta e a TVG presentan dúas pezas audiovisuais sobre Díaz Castro
A Consellaría de Cultura e mais Televisión de Galicia presentaban esta mañá a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas.
Nimbos e
Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres
Esmeralda está representado con figuras animadas, en
Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos. .
Amplía a nova>>
08/05/2014
As cámaras apuntan a Díaz Castro (III)
Facer curtametraxes a partir dos poemas de
Nimbos. Esta é a proposta que o colectivo
Acto de Primavera realizaba o pasado verán a un grupo de cineastas do país. Unha ducia de producións na rede (e aínda as que restan), amosan as posibilidades que achegan os versos de Díaz Castro de se facer filmes..
Amplía a nova>>
08/05/2014
Xapón protagoniza a vindeira edición do S8
O cinema xaponés protagonizará a nova edición S8, a mostra de cinema periférico que se celebrará na Coruña entre o 4 e o 8 de xuño. A presenza de creadores como Takahiko Iimura ou Daïchi Saïto completarase con obradoiros ou proxeccións nas que se prestará unha especial atención ao cinema mudo nipón. No programa inclúese a primeira representación en Galicia de Katsuben-Benshi, un xeito de narración sobre cinema mudo propio do Xapón. .
Amplía a nova>>
07/05/2014
Un programa en Youtube conmemora os 20 anos do Xabarin Club
Dramatizacións, entrevistas e música, coa presenza de Manquiña, Xurxo Souto, Javi Camino ou Sonia Méndez. O colectivo O Porco Bravú, formado por estudantes da Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña presentaba recentemente o programa
Porca Miseria. Esta produción en Youtube reivindica o Xabarín Club a conmemorar, o pasado 18 de abril, os 20 anos deste mítico espazo da Televisión de Galicia. Con grandes doses de humor, o proxecto está dirixido por Jorge Boquete e superou xa as 2.000 visitas en Youtube..
Amplía a nova>>