Xacio Baño e Iria López impóñense en Cans

Levaron o premios ás curtametraxes de imaxe real e animación, respectivamente

Imaxes dos premiados en Cans
Imaxes dos premiados en Cans
Rematado o XI Festival de Cans, xa se coñecen os gañadores desta edición. Ser e voltar, de Xacio Baños, fíxose con Can de Pedra e os 1.500 euros á mellor curtametraxe de imaxe real, mentres Iria López impúxose na categoría de animación pola curta Jamón. Pola súa banda, o público escolleu como mellor traballo Tupper, de Ángel Manzano, mentres o xurado dos veciños seleccionou 3-1=0, de Juan Galiñanes para lle outorgar o seu Can de Pedra.

Déborah Vukusic obtivo o galardón á mellor interpretación feminina polo seu traballo nesta nesta produción, mentres o mellor actor foi javier Gutiérrez por Tupper.
Omar Rabuñal e Daniel Viqueira levaron o premo á mellor dirección por Koan, o mellor guión foi o de Hogar Hogar, de Carlos Alonso Ojea e a banda sonora galardoada foi a de Jamón, de Gautier Galard.

No campo dos videoclips, o xurado seleccionou Un gran hijo de puta de Los Árboles, dirixido por Manuel Valcárcel, mentres que para o público o vencedor nesta categoría resultou Carreteras de Dakidarría, dirixido por Andrés H. Bonader.

A fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda obtivo unha mención especial.

Na valoración sobre a edición que remataba onte, a organización considera "acadada a
diversificación de públicos, horarios e espazos", "disponse a continuar traballando nesa dirección", e cifra en 12.000 os visitantes que se achegaron ata o evento.