Novas | 1611 a 1620 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

05/05/2014
Cans presenta o seu programa

Todo está a punto para celebrar entre os vindeiros día 21 e 24 de maio o XI Festival de Cans. A organización deste evento do Porriño daba a coñecer esta mañá o programa desta xeira, que inclúe 17 curtametraxes a concurso, entre as que se inclúen propostas de animación, ficción e documental. Ademais, 18 videoclips competirán entre si. Como novidade, o evento acollerá a estrea en Galicia do documental Antonio Vega. Tu voz entre otras mil. A nivel de concertos, o programa inclúe nomes como Kepa Junkera, Caxade, Los Coronas ou Os da Ría.. Amplía a nova>>

30/04/2014
Chega o Revoltallo audiovisual 2014

Coa proxección hoxe dos traballos gañadores da edición 2013 na Biblioteca Ánxel Casal, en Compostela, abre a programación do Revoltallo audiovisual 2014. A iniciativa coordinada polas asociacións Verdegaia, Amarante-Setem e A Xuntanza céntrase como é habitual no cinema de acción social. O programa inclúe tamén unha mesa redonda con Cora Peña, Xosé Bocixa e Illa Bufarda o día 8, un obradoiro para facer curtas de temática social e ambiental entre os días 16 e 18 e a proxección dos traballos gañadores deste 2014, o día 21.. Amplía a nova>>

29/04/2014
As cámaras apuntan a Díaz Castro (II)

A produción audiovisual que está a aparecer este ano sobre Díaz Castro non se reduce a documentais sobre a súa vida e obra. A orixinalidade predomina no enfoque de varias producións, tanto no tema como no formato, á hora de tratar o homenaxeado. Retratos da súa aldea, telexornais ou diferentes representacións dos seus poemas son algunhas das propostas que están en marcha. Continuamos a serie de reportaxes sobre o audiovisual dedicado ao poeta.. Amplía a nova>>

28/04/2014
Les coses grans e Entre pipas triunfan no Carballo Interplay

A comedia catalá Les coses grans impúxose como gañadora na primeira edición do festival de Webseries Cargallo Interplay, que se celebrou esta fin de semana. O proxecto levou os galardóns á mellor webserie de imaxe real, mellor interpretación feminina para Mar de Ulldemolins e mais o premio do público. Seguiuna no palmarés Entre Pipas, recoñecida co premio á interpretación masculina para Luis Zahera e Xúlio Abonjo e mais co de mellor guión. Ventura time resultou vencedora na categoría de animación e Poetarras levou o premio ao mellor traballo en galego, categoría na que tamén obtivo unha mención Palabras secretas.. Amplía a nova>>

24/04/2014
Panorámica: Galicia no Carballo Interplay

Das trinta e cinco webseries de todo o estado que compiten na primeira edición do Carballo Interplay, oito son galegas. A estas súmanse dúas producións que compoñen a sección paralela do certame. Un panorama creativo vizoso de alto nivel que podes coñecer de primeira man nesta panorámica.. Amplía a nova>>

24/04/2014
As webseries van de festa

Desde hoxe e ata o vindeiro 27 de abril, Carballo será a capital das webseries do estado. O festival Carballo Interplay nace a apostar forte por esta forma de audiovisual, que conta cada vez con máis adeptos pero que enfronta aínda a necesidade de atopar un modelo de negocio. Sen achegar grandes estreas, o evento nace a amosar unha nutrida presenza de traballos galegos. Sonia Mëndez, directora do festival, fálanos máis sobre o proxecto.. Amplía a nova>>

22/04/2014
Un pioneiro de película

A historia dun avanzado do cinema galego contada nun film. José Gil revolucionou a comezos do século XX a cultura do país coa súa aposta polo audiovisual e deixounos algúns dos documentos históricos máis importantes que existen neste ámbito. O documental José Gil. Fotógrafo e pioneiro do cine, recolle agora a traxectoria deste pouco coñecido personaxe da man de Miguel A. Romero.. Amplía a nova>>

21/04/2014
O Estado convoca as axudas para creación de contidos culturais dixitais

A edición de hoxe do Boletín Oficial do Estado recolle a convocatoria de axudas da Secretaría de Estado de Cultura para proxectos privados de creación de contidos dixitais culturais en Internet. Estas axudas están dirixidas a profesionais autónomos ou empresas privadas para a realización de proxectos culturais que incrementen a oferta legal de contidos dixitais culturais e para promover a modernización e innovación das industrias culturais e creativas que actúen, entre outros, nos sectores das artes escénicas; artes visuais, patrimonio cultural, cine, televisión, radio, publicidade, videoxogos e artes interactivas, deseño de moda, novos medios de comunicación, música, libros, prensa, arquitectura, turismo cultural e deseño gráfico.. Amplía a nova>>

21/04/2014
Costa da Morte recibe un novo premio en Iberoamérica

Costa da Morte, o documental experimental realizado por Lois Patiño, foi escollido como mellor filme iberoamericano no 32º Festival Cinematográfico Internacional do Uruguai, canda outro premio á mellor cinta do mesmo ámbito polo xurado do festival. Estes dous galardóns súmanse a unha ampla lista de premios recibidos polo traballo de Patiño nos últimos meses.. Amplía a nova>>

14/04/2014
O momento do público

Seis galardóns recibiu a película Somos gente honrada, de Vaca Films e El Terrat, na XII edición dos Premios Mestre Mateo, que se celebraron na Coruña. A produción, dirixida por Alejasndro Marzoa, convertiuse na gran gañadora dunha edición que reivindicou o papel do público que, en palabras de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, "vostedes dan verdadeiro sentido ao que facemos".. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org