Juan Pinzás entra na Academia de Cinema Europeo

A entidade reúne 3.000 profesionais do sector de todo o continente

A Academia de Cinema Europeo, (European Film Academy), conta desde hoxe cun membro galego. O director de cinema vigués Juan Pinzás aceptou a invitación para se unir a esta institución que agrupa a preto de 3.000 profesionais de todo o mundo. A entidade é a responsable, entre outras cuestións, de escoller os premios de cinema europeo. A coincidir con esta nova, Pinzás anunciou que está traballar nun novo proxecto en Europa.