O festival de Sitges homenaxea a Xoán Pinzás

O evento acolle a estrea do documental Universo Pinzás sobre o director galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Retrato de arquivo de Juan Pinzás. AVG

Retrato de arquivo de Juan Pinzás. AVG

Juan Pinzás, único cineasta do estado que fixo parte de xeito oficial do movemento Dogma 95, será homenaxeado no vindeiro Festival de Cinema Fantástico de Sitges, que se celebra entre o 3 e o 13 de outubro. O evento catalán estreará Universo Pinzás, obra na que Víctor Olid repasa a traxectoria do galego a mesturar documental e ficción. Ademais, proxectarase neste encontro o filme do homenaxeado La leyenda de la doncella, unha das súas producións máis ambiciosas considerada hoxe unha película de culto. O propio Pinzás participará no evento a manter un coloquio co público.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, Lingua galega

Claves