A Academia de Cine dedica un ciclo á Juan Pinzás no seu programa de actividades

O ciclo fai unha revisión á repercusión en España do movimento Dogma 95

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A lenda da doncela, Érase outra vez, Días de voda e O desenlace son filmes dirixidos por Juan Pinzás (Vigo, 1955) que fan parte do chamado movimento Dogma acuñado por Lars Von Trier. E tamén son os filmes que fan parte do ciclo que a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España lle dedica ao movimento Dogma 95 no mes de novembro, en colaboración coa 18 Semana de Cine Experimental de Madrid. As proxeccións rematan o vindeiro día 21 co coloquio co director Juan Pinzás, coa súa muller e produtora dos filmes, Pilar Sueiro e a actriz Beatriz Rico.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Madrid, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares