Despois de acadar con "Érase outra vez" o primeiro certificado oficial "Dogme 95" do Estado Español, Juan Pinzás non descansa e prepara unha segunda parte, "A voda", que comezará a rodarse en novembro. Mentres, continúa o recoñecemento ó seu traballo e as homenaxes, coma a que recibiu o pasado sábado no Festival Internacional de Cine de Burgos.
TriloxÃa
Segundo sinala hoxe o propio Juan Pinzás nunha entrevista concedida a "O Correo Galego", "Érase outra vez" foi só o comezo dunha triloxÃa de filmes que se completará con "A voda" e con "O desenlace". Despois de que a primeira pelÃcula acadase o certificado "Dogma 95" no pasado mes de marzo, o guión da segunda recibiu xa a aprobación de Lars Von Trier e a SecretarÃa Dogma de Dinamarca, promotores deste movemento cinematográfico.
A rodaxe de "A voda" comezará o vindeiro mes de novembro en Pontevedra. A base do argumento é o encontro dos convidados nunha voda, na que atopan múltiples sorpresas. Esta longametraxe será a segunda, despois de "Érase outra vez", que acada o certificado oficial "Dogma 95" en toda España.
Homenaxes
Ademais do recoñecemento que lle supuxo a nivel internacional o facer da vixésimo segunda pelÃcula "dogma" de todo o mundo, a carreira de Pinzás vai acumulando homenaxes. O máis recente, o que lle tributaron no Festival Internacional de Cine de Burgos, que se clausurou a pasada fin de semana. Dentro dos actos de homenaxe proxectouse o filme "O xogo das mensaxes invisibles", que o cineasta rodara en Galicia en 1991.
Chegando ó Dogma
A relación de Juan Pinzás co movemento Dogma comezou mesmo antes de que este existise. No mesmo ano en que se presentou o movemento danés, o director galego estaba involucrado no "Proxecto Corman" que pretendÃa realizar pelÃculas cun baixo orzamento e un mÃnimo artificio. Segundo pinzás, foi no festival de Cannes de 1995 cando coincidiu cos promotores do Dogma e descubriron as coincidencias das súas perspectivas. O movemento dogma pretende que o cine retorne ás súas orixe renunciando a elementos coma a luz artificial, a música ou os decorados, entre outros elementos.