Os Premios do Cinema Europeo, que organiza cada ano a Academia do Cine Europeo e están considerados como os Óscar do continente, contan nesta súa vixésimo novena edición cun proxecto galego entre os seus finalistas. Mimosas, dirixida por Óliver Laxe para Zeitun Films, é unha das cincuenta producións que optan a ser recoñecidas nas diferentes categorías deste certame. Canda a el, só os filmes Julieta, de Pedro Almodóvar, El Olivo, de Iciar Bollaín e Truman, de Cesc Gay aspiran a estes galardóns a nivel estatal. A listaxe final de nominacións darase a coñecer o vindeiro cinco de novembro no Festival de Cinema Europeo de Sevilla, e a entrega dos premios realizarase o 10 de decembro en Wroclaw, Polonia.
Óliver Laxe opta aos Premios do Cinema Europeo
O filme Mimosas é un dos 50 candidatos aos galardóns
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades


