Mimosas de Oliver Laxe gaña a Pirámide de Ouro no festival do Cairo

O seu protagonista tamén foi recoñecido como mellor actor

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel da película

Cartel da película

O filme Mimosas de Oliver Laxe segue recollendo premios e recoñecementos. Nesta ocasión ven de acadar o máximo galardón do Festival Internacional de Cine do Cairo, a Pirámide de Ouro á mellor película. Ademais o seu protagonistas Shakib ben Omar tamén foi premiado como o mellor actor polo xurado do certame. Mimosas é unha coproducción da galega Zeitun Films, a marroquí La Prod e a francesa Rouge International, e conta a historia dunha caravana que percorre o Atlas para acompañar a un ancián xeque que regresa á súa terra natal para morrer . O filme enténdese como unha viaxe espiritual pero tamén como unha aventura física polos agresivos paraxes . A Pirámide de Ouro engádese así ao palmares que o realizador coruñés xa ten acadado como o Premio da Semana da Crítica de Cannes i é unha das cincuenta producións que optan a ser recoñecidas nas diferentes categorías dos Premios do Cinema Europeo. A vindeira película do realizador, en fase desenvolvemento será Aquilo que arde”, de Miramemira Producións,unha ficción proposta na coma un falso documental,que xorde da atracción do director pola figura dun pirómano .

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Oliver Laxe, Cine, Documental...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares