Unha webserie galega resulta premiada no Festival de Nova York

Óliver Laxe suma dous galardóns para Mimosas en Sevilla

Idiotas a webserie baseada na mediometraxe do mesmo título, acaba de resultar premiada no NYC Web Fest de Nova York. O traballo do pontevedrés Fran Estévez levou o galardón á mellor serie en lingua estranxeira neste evento internacional. A produción era tamén candidata ao premio á mellor dirección, ao de logro excepcional e ao de mellor fotografía. Pola súa banda, outro film de director galego, Mimosas, de Óliver Laxe, acaba de sumar dous novos premios ao seu palmarés. A produción foi galardoada a pasada fin de semana co Premio Especial do Xurado e coa Mención Especial do Xurado a Son e Montaxe na XIII edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla.