O produtor Alfonso Blanco entra na Academia que outorga os Emmy

É o primeiro galego en ser membro da International Academy of Television Arts & Sciences

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Alfonso Blanco

Alfonso Blanco

Polas mans de Alfonso Blanco pasaron proxectos ben coñecidos como Mareas Vivas, Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares, Matalobos, Hierro ou Auga Seca. Agora, Blanco é un dos 32 novos profesionais de todo o mundo que entrarán na International Academy of Television Arts & Sciences, a institución con sede en Nova York que outorga os Premios Emmy. Blanco, director xeral da produtora Portocabo, será o primeiro galego en formar parte desta prestixiosa entidade.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alfonso Blanco, Portocabo, Nova York, Terra de Miranda

Claves

Protagonistas
Entidades