Novas | 1481 a 1490 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

25/08/2015
A AGAPI analiza o novo modelo de audiovisual nunhas xornadas

A Cidade da Cultura acolle os vindeiros 9 e 10 de setembro as xornadas que a Asociación Galega de Produtoras Independentes convoca encol do novo modelo do audiovisual. As opcións de financiamento, as novas axudas automáticas, o papel da distribución ou a importancia do Plan de Marketing son cuestións que se abordarán nesta cita, aberta a todos os interesados. Relatores como Emma Lustres, Marta Baldó, Pedro Peira ou Lorena González abordarán os diferentes eixes do programa.. Amplía a nova>>

20/08/2015
Aki Kaurismäki participará no vindeiro Curtocircuíto

O cineasta finlandés Aki Kaurismäki participará no vindeiro festival Curtocircuíto como programador convidado. Segundo anunciaron onte os responsables do evento que se celebrará en Compostela entre o 6 e o 11 de outubro, o director protagonizará o ciclo Rock & Shorts no que se recuperarán os filmes musicais que Kaurismäki realizou sobre a banda Leningrad Cowboys. Ademais, a sesión Signed by Aki K. amosará tres filmes seleccionados por el. The Fatal Glass of Beer de Clyde Bruckman, Let There Be Light de John Huston e Seul l’avenir nous le dira de Chilles Charmant poderán verse nesta sección. O director tamén protagonizará encontros co público na que será a décimo segunda edición do festival. . Amplía a nova>>

13/08/2015
Riós acolle o VIII Festival das Artes Escénicas

A Praza do Concello de Riós acolle hoxe e mañá a VIII edición do Festival de Artes Escénicas. Audiovisual, música e teatro mestúranse nesta iniciativa, que contará con actuacións como as de Najla Shami, Gustavo Almeida, Habitación Vudú, a Coral Cantarela e Pandereteiras de Riós. Ademáis proxectaranse filmes como Mil sorrisos e un perdón ou avances de Vida e Máis ca vida así como o making of do documental Zamarras negras. Mercedes Peón, homenaxaeada coa Castaña de Cristal, e mais Roberto Verino e María do Ceo que darán nome a dous castiñeiros, serán os persoeiros recoñecidos nesta edición do evento. A edición inaugura ademais a sección Gatroñam, que integra a gastronomia no programa.. Amplía a nova>>

12/08/2015
Comezan as Xociviga no Carballiño

Hai xa trinta e dous anos que o Carballiño acolle as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia. A nova edición comeza hoxe mesmo, cun programa que inclúe oito producións internacionais, catro documentais galegos e tres filmes para os máis novos. Ademais, poderán coñecerse os proxectos Cine en Curso, os traballos dos alumnos das Escolas de Imaxe e Son e o festival audiovisual Olloboi, organizado por docentes de todo o país. Os creadores Marcos Nine, Luis Avilés, Manuel Iglesias Nanín, Marta F. Alberte, María e Marcos Hervera, Alfonso Zarauza e Pablo Ces participarán no encontro a presentar os seus últimos traballos. . Amplía a nova>>

31/07/2015
Nace a coordinadora de festivais audiovisuais galegos

Preto de vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron o martes en Santiago crear unha coordinadora que lle dea maior visibilidade aos festivais que se están a realizar en Galicia. Os directores presentes na xuntanza apoiaron a creación dun calendario común de festivais. Tamén valoraron a importancia de prestarse apoio técnico e xurídico, e de constituírense como unha única voz ante as administracións. A nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente. . Amplía a nova>>

16/07/2015
A AGADIC financia o desenvolvemento de 11 proxectos audiovisuais

Son oito longametraxes de ficción, un documental, outra de animación en 3D e dun piloto dun programa para televisión, as que resultaron financiadas por AGADIC por seren proxectos audiovisual en fase de desenvolvemento. Recibirán en total 185.000 euros nesta liña de axudas. . Amplía a nova>>

09/07/2015
Comeza na Coruña o XIV Mundos Dixitais

Un ano máis, A Coruña acolle o encontro Mundos Dixitais. A XIV Edición desta iniciativa dedicada á animación, videoxogos, efectos especiais e arquitectura 3D volta á Cidade Herculina cun programa no que participan figuras de primeira liña destas especializades. Animadores de Xogo de Tronos, Hotel Transilvania, Gardiáns da Galaxia ou Os Vengadores, entre outros pasarán polo o encontro. Ademais, estrearase o filme francés Yellowbird e a produción española Atrapa a bandeira. No campo dos premios, recoñecerase o traballo de Sergio Pablos, responsable entre outros proxectos de Gru, o meu vilán favorito, e tamén se entregarán os 3D Awards, principais galardóns a nivel mundial no campo da arquitectura dixital.. Amplía a nova>>

30/06/2015
Catro producións audiovisuais galegas en proxección internacional

Tres documentais galegos participan en diferentes seccións do Festival Internacional de Documentais de Marsella, segundo informan no blog Acto de Primavera. No encontro de financiamento participará o próximo proxecto de Lois Patiño: Tempo Vertical. Nunha sección paralela estará a mediometraxe Día da Victoria de Alberto Lobelle e na competición a mellor ópera prima o Jet Lag de Eloy Domínguez Serén. Por outra banda, o filme El desconocido, protagonizado por Luís Tosar e coa participación de Vaca Films e a TVG na produción, foi seleccionado polo organismo European Film Promotion para ser exhibido nun pase para a industria no Tribeca Grand Hotel Screening Room de Nueva York, de cara a súa exhibición en salas americnas. . Amplía a nova>>

16/06/2015
Todo preparado para o Festival de Cinema Galego de Nova York

A integrar audiovisual e gastronomía, o vindeiro venres 19 de xuño bota a andar o Galician Cinema Festival de Nova York. O proxecto pretende da a coñecer o traballo das empresas galegas da sétima arte en Estados Unidos. O programa inclúe unha presentación dos Premios Mestre Mateo e mais unha proxección do filme Os fenómenos de Alfonso Zarauza. Ademais, realizarase unha degustación de produtos galegos centrada especialmente en viño, cervexa, conservas e aceite.. Amplía a nova>>

10/06/2015
NUMAX leva o premio ao mellor proxecto cooperativo 2015

Apenas tres meses despois da súa apertura en Compostela, o proxecto NUMAX xa acadou un recoñecemento. A Consellaría de Traballo outorgoulle a este cinema, libraría e laboratorio audiovisual e gráfico o premio ao mellor proxecto cooperativo de 2015. O galardón, dotado con 5.000 euros, entregarase o vindeiro 4 de xullo, día das cooperativas, na Cidade da Cultura. Os promotores do proxecto cultural dedicaron o premio aos avalistas, clientes e colaboradores que "facedes deste proxecto algo vivo e polo que paga a pena seguir traballando". Canda a NUMAX, foron tamén galardoadas a cooperativa de consumo coruñesa Zoca Miñoca polos seus valores cooperativos e mais Amarelante pola promoción do cooperativisimo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org