24/09/2015
A AGADIC distribúe dous millóns de euros en axudas ao audiovisual
Cinco longametraxes de ficción, dúas de animación, un documental cinematográfico e outro televisivo, unha curtametraxe e unha miniserie son os proxectos que recibirán as axudas a producións e coproducións de contido cultural galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a resolución desta convocatoria, que distribúe un total de 2 millóns de euros entre once filmes. No campo das longametraxes, os proxectos máis beneficiados foron
A visitante, dirixida por Alfonso Zarauza, para Maruxiña Film Company e mais
A estación violenta de Anxos Fazáns para Matriuska Producciones que recibirán
257.347 euros.
Semana grande de Frida Films e mais
Kidnapped de Vaca Films contará pola súa banda con 237.551 euros, mentres a nova longametraxe de Lois Patiño,
Tempo vertical recibirá 143.520 euros..
Amplía a nova>>
23/09/2015
Ponse en marcha a Coordinadora de Festivais de Cine
Dar a coñecer e poñer en valor o traballo que están realizando os distintos festivais e servir de comunicación entre eles. Estas son as bases fundamentais coas que bota a andar a Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia. O proxecto, que nace co apoio da Academia Galega do Audiovisual, inclúe a creación dunha base de datos no que se recollan todas as citas deste tipo que existen no país. O pasado venres celebrouse en Compostela o primeiro encontro desta iniciativa, no que se acordou crear unha xestora na que están representados o festival S8, da Coruña, o Chanfaina Lab de San Sadurniño, o Play–Doc, de Tui, o Carlos Velo de Celanova e o vigués Primavera de Cine. Este órgano será o encargado de elaborar un texto sobre o que os diferentes eventos realizarán achegas con vistas a elaborar uns estatutos e oficializar unha asociación do sector de cara ao vindeiro mes de decembro..
Amplía a nova>>
23/09/2015
Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado ou Ignacio Vilar, Premios da Cultura Galega
A Consellaría de Cultura daba a coñecer onte os nomes das persoas e colectivos galardoados cos Premios da Cultura Galega 2015. As oito categorías destes recoñecementos repartíronse entre Fina Casalderrey, que levou o premio ás letras, Miguelanxo Prado, que se fixo co das artes, María Bouzas, recoñecida no campo das artes escénicas, Ignacio Vilar na categoría de audiovisual e o coro Toxos e Froles, considerado o máis relevante no campo da música. Canda a eles, o xurado valorou o labor da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, mentres a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial recibiu o galardón ao labor no patrimonio e a investigadora Kathleen Nora March o de promoción exterior da nosa cultura. A Xunta outorga anualmente estes premios para "apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos"..
Amplía a nova>>
21/09/2015
Alberto Vázquez presenta Psiconautas no Festival de San Sebastian
Comezou como unha banda deseñada, deu pé a unha curtametraxe (
Birdboy) e agora preséntase como longametraxe de animación. O debuxante coruñés Alberto Vázquez dirixe e guioniza, canda a Pedro Ribero,
Psiconautas, un proxecto que se estreará o vindeiro 24 de setembro no Festival de Cinema de San Sebastián. O filme mantén os personaxes principais da historia, Birdboy e Dinki, que tentan sobrevivir nunha illa arruinada por unha catástrofe ecolóxica. O proxecto é unha coprodución na que participan a galega Zircozine, e as vascas Basque Films, Abrakam Studio e La Competencia..
Amplía a nova>>
17/09/2015
O filme Lobos sucios participará no Festival de Mill Valley
O filme de Simón Casal producido por Agallas Films,
Lobos sucios, fará a súa estrea mundial do Festival estadounidense de Mill Valley, en San Francisco. A produción, ambientada na febre do wolframio en Galicia durante a II Guerra Mundial, proxectarase o vindeiro 10 de outubro na sección
World Cinema do que se considera un dos máis importantes eventos deste tipo en Estados Unidos. En paralelo, o audiovisual galego tivo tamén presenza no certame
Cortometrajes, 7 Short films que se celebrou onte en Londres da man de Brit Es Magazine e do colectivo Shorts on Tap, achegou un total de sete producións, entre as cales estaba o proxecto
Jamón un filme animado de Iria López. Ademais, o galego Celso Bugallo protagoniza outra produción,
El grifo, de Denis Rovira..
Amplía a nova>>
15/09/2015
Chega Curtocircuíto con 40 filmes a concurso
Coa xa anunciada presenza de Aki Kaurismäki e o ciclo centrado en Jørgen Leth como principais engados, a nova edición de Curtocircuíto chegará a Compostela entre o 6 e o 11 de outubro vindeiros. O festival de curtas, que se presentaba onte, incorpora este ano espazos como o cinema NUMAX ou o espazo A Unitaria aos xa habituais como o Teatro Principal ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. A nivel de filmes, entran a concurso un total de 40 producións entre as 3.270 propostas que chegaron de 93 países. Das proxeccións, 19 serán estreas a nivel estatal. Ademais de filmes, e froito da colaboración co festival WOSINC e co LEV de Xixón, o programa inclúe concertos como os de Moon Duo e Fumaça Preta, e mais obradoiros, un dos cales estará a cargo do cineasta galego Oliver Laxe..
Amplía a nova>>
08/09/2015
Vinte e oito filmes compiten no VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu
Ser e voltar de Xacio Baño, abría onte as proxeccións do VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu. O Centro Social do Mar acolle ata o vindeiro sábado 12 de setembro os vinte e oito filmes que participan nesta edición, chegados de Galicia, Francia, Rumanía, Alemaña, Xeorxia, Estados Unidos, Canadá, Estonia, Dinamarca ou Irán. En canto á presenza galega, a obra de Baño estará acompañada dos filmes
Curricán de Álvaro Gago,
Unary, Guís Gvilés e
Véndese (Baixo prezo, pouco uso) de J.A.Blanco. Ademais, o Auditorio de Cangas acollerá unha retrospectiva de obras que pasaron por anteriores edicións do evento, e os comercios de Bueu desenvolverán un concurso a partir da ambientación cinematográfica dos seus escaparates. O programa incluíu tamén unha conferencia de Salvador Castro sobre cinema de literatura. .
Amplía a nova>>
04/09/2015
San Sadurniño volve a vestirse de cine co II Chanfaina Lab
O concello coruñés de San Sadurniño acolle esta fin de semana a segunda edición do Chanfaina Lab. Máis de vinte realizadores audiovisuais participan nesta inciiativa que tenta "poñer en valor o territorio rural a través dos ollos dos creadores e creadoras galegos". Este venres inícianse as actividades cun ciclo de cine rural para todos os públicos cos filmes:
O Carro e o home (Antonio Román),
Mamasunción (Chano Piñeiro) e
O desexo (Miguel Castelo) entre outros. Os realizadores gravarán pequenas pezas audiovisuais no concello que serán emitidas, posteriormente, en xaneiro. .
Amplía a nova>>
02/09/2015
O filme El Desconocido de Vaca Film chega ao Festival de Venecia
O filme
O descoñecido, producido por Vaca Films, estréase hoxe no Festival de Venecia, na sección para Nvos talentos. A película está dirixida polo monfortino Dani de la Torre e entre o elenco conta con Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Goya Toledo o Antonio Mourelos, entre otros. Os exteriroes de Vigo e Coruña son parte das secuencias filmadas no país. A película tamén se proxectará no Festival de San Sebastián e a estrea en salas será o 25 de setembro. .
Amplía a nova>>
26/08/2015
Trece proxectos reparten as axudas ao talento audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) daba a coñecer onte a resolución das axudas ao talento audiovisual. As subvencións, que buscan incorporar novas voces a este ámbito, distribúen un total de 145.000 euros entre 13 proxectos de escrita de guión e mais de realización de curtas e de longametraxes en versión orixinal galega. En concreto, dentro da liña de apoio a longametraxes de directores noveis, Andrés Goteira con
Dhogs, Ángeles Huerta para
Esquece Monelos e José Manuel Mouriño Lorenzo, con
Manuel Vilariño. Ser luz recibirán cadanseus 30.000 euros.
.
Amplía a nova>>