14/03/2018
Un vídeo de Carnota obtén un segundo premio nunha feira turística en Berlín
O vídeo chámase
O Legado / The legacy e acaba de obter un segundo premio nos galardóns The Golden City Gate, que se outorgan en Berlín no marco da feira de turismo ITB. Esta convocatoria premia a numerosas producións audiovisuais de todo o mundo en diferentes categorías.
O Legado foi unha dos 46 anuncios turísticos de países tan diversos como Dinamarca, Canada ou Perú que obtivo un segundo premio. O vídeo presenta a viaxe de volta dun emigrante carnotán á súa terra natal desde o norte de Europa. .
Amplía a nova>>
13/03/2018
Os festivais de cinema quentan motores para a primavera
Pendente de presentar a selección de obras a concurso, o Carballo Interplay fixo pública a súa programación de actividades. Para alén da xa anunciada sesión pro do día 5 de abril, con encontros con produtores ou un Pitching de proxectos de webserie en galego, o evento desenvolverá ata o día sete toda unha serie de propostas como o panorama de experiencias de creación audiovisual en secundaria, as mesas redondas
Como creamos a nosa identidade pública en internet ou
Tendencias, multimedia e xornalismo para millennials ou a conferencia
Como petamos as redes con Operación Triunfo. Canda a isto, haberá obradoiros de biotecnoloxía ou electrónica para crianzas ou o Obradoiro de Narrativas de vídeo en redes sociais. Entre os nomes, Carlangas de Novedades Carminha, Belena Gaynor, Carolina Iglesias (Percebes y Grelos), Abigail Frías (Abi Power), Beatriz Cepeda (Perra de Satán), Iago Fernández ou Akira Valero entre outros..
Amplía a nova>>
09/03/2018
Alberto Vázquez leva ao Cartoon Movie o proxecto da súa nova longametraxe
Unicorn Wars, a nova longametraxe de animación dirixida por Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) está de actualidade pola súa presenza na feira do audiovisual de animación Cartoon Movie. O evento, que se está a celebrar estes días na cidade francesa de Burdeos é o marco escollido para a presentación do proxecto en fase desenvolvemento deste filme para o que as súas produtoras buscaran apoios de mercado. Vázquez volve poñerse na dirección despois dos éxitos recollidos a nivel internacional co seu anterior longametraxe
Psiconautas e coa curtametraxe
Decorado polas que obtivo no mesmo ano os dous premios Goya en cada categoría e un Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe ademais dun enorme palmarés de galardóns no seu percorrido polo circuíto internacional de festivais.
Unicorn Wars está producido en colaboración por catro empresas entre as que está Abano Producións, a produtora de Chelo Loureiro que ven de recoller o Premio Mestre Mateo pola obra de animación The Neverending Walls. Abano Producións, UniKo (España) e Autour de Minuit (Francia) recuncan con Vázquez, co que xa fixeran a produción de
Decorado. En
Unicorn Wars Alberto Vázquez coloca unha historia de amor fraternal nun escenario dun conflito bélico brutal e interminable entre dúas especies: os osiños e os unicornios. .
Amplía a nova>>
08/03/2018
O MIPTV premia a Teresa Fernández-Valdés
A galega Teresa Fernández-Valdés será unha das catro persoas galardoadas cunha medalla de honra do MIPTV de Cannes. O principal mercado televisivo do mundo, que se celebra en Cannes entre o 9 e o 12 de abril recoñece deste xeito o labor desta profesional do audiovisual á fronte de Bambú Producións. Nada e formada en Galicia, Fernández-Valdés foi responsable de proxectos de grande éxito internacional como son
Gran Hotel,
Velvet,
Refuxiados,
Las chicas del cable ou, máis recentemente
Fariña, que están a abrir novos mercados ás series de ficción desenvolvidas no Estado..
Amplía a nova>>
05/03/2018
Dous galegos vinculados ao premio Óscar por Una mujer fantástica
A película chilena
Una mujer fantástica, gañadora do Óscar á mellor película en lingua estranxeira a pasada noite, conta coa participación dunha produtora moi vinculada profesionalmente a Galicia, Fernanda del Nido, que achegou a participación española desde a súa produtora Setembro Cine. Del Nido formouse entre Arxentina en Galicia, traballou en empresas galegas como Dygra ou fundou a produtora coruñesa TicTac Producciones, aínda que na actualidade a súa produtora está radicada en Vilanova i la Geltrú. Tamén o compositor Nani García, compuxo varios dos cortes da banda sonora do filme.
Una mujer fantástica chegou aos óscar precedida xa de varios premios e está dirixida por Sebastián Lelio. .
Amplía a nova>>
26/02/2018
Os Multicines Norte de Vigo reciben o Premio José Sellier
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgarlle aos Multicines Norte de Vigo o Premio Especial “José Sellier”, que cada ano recoñece iniciativas salientables no sector audiovisual. A actriz Marta Doviro recolleu o galardón, en representación dos Multicines, este venres, día 23, no Encontro de Finalistas dos XVI Premios Mestre Mateo que se celebrou na Domus da Coruña. Con este premio, a Academia quere poñer en valor "este espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio". A AGA salienta o exemplo extraordinario destas salas, xestionadas dende a súa apertura pola mesma empresa familiar, e que "ofrecen ao público a posibilidade de descubrir filmes fóra dos circuítos maioritarios, incluíndo películas en versión orixinal, reposicións de clásicos e, por suposto, cinema galego"..
Amplía a nova>>
21/02/2018
O segundo festival Animacción amosa os novos valores do cinema animado
O Fórum Metropolitano da Coruña acolle este xoves 22 a segunda xeira de Animacción, o festival de curtametraxes animadas. A iniciativa, que quere dar a coñecer os novos valores do cinema de animación, proxectará en dous pases, ás 16 e ás 19:45 horas, os traballos finalistas do Concurso de Curtametraxes AnimaAcción 2018. O público será o encargado de seleccionar cos seus votos o gañador entre os 24 filmes seleccionados, chegados de 14 países diferentes. Entre unha sesión e outra, haberá un encontro informal sobre a situación da animación e uns petiscos na sala Plataforma14, onde tamén se pode ver a exposición Graphic JAM organizada por lo colectivo de ilustradores Miñoco. A Asociación Sen Ánimo de Nome, que organiza o evento, anunciou que están xa esgotadas as entradas..
Amplía a nova>>
20/02/2018
María Bouzas recibirá o Premio de Honra Fernando Rey
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) ven de facer pública a súa decisión de homenaxear co Premio de Honra Fernando Rey de 2018 á actriz galega María Bouzas (Mugardos, 1962). Co galardón, a AGA quere "recoñecer de parte do sector a traxectoria dunha compañeira que é referencia ineludible para a televisión, o teatro e o cinema en Galicia". Bouzas, que foi presidenta da AGA entre 2006 e 2009, recibirá o Premio Fernando Rey durante a Gala dos Mestre Mateo, que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o sábado 3 de marzo. No palmarés profesional da actriz este premio súmase a dous María Casares, cinco Mestre Mateo e un Premio da Cultura Galega, que subliñan a relevancia da carreira da homenaxeada. .
Amplía a nova>>
15/02/2018
O audiovisual do país cítase na Escolma de Cinema Galego de Sarria
Unha selección cos filmes de produción galega máis recoñecidos do último ano é o que achega a terceira edición da Escolma de Cinema Galego de Sarria. A Casa da Cultura da vila acolle este 24 de febreiro as proxeccións de
Dhogs,
Esquece Monelos,
Matria,
Paisaxes da Capelada de Alberto Lobelle,
A Rapa das Bestas de Jaione Camborda,
Qviasma de Tono Mejuto e
M. (Manuel Moldes Pontevedra Suite 1983-1987) de Ángel Santos. A cita é unha ocasión única de contemplar filmes que a miúdo teñen moi pouca distribución na carteleira tradicional..
Amplía a nova>>
14/02/2018
O segundo Conecta Fiction integra un festival de Series Televisivas
Este xoves 15 de febreiro abre o prazo de acreditacións para a segunda xeira de
Conecta Fiction, que se celebrará en Compostela entre o 18 e o 21 de xuño. O encontro especializado en contidos televisivos para os mercados de Estados Unidos, Europa e América Latina que organiza a Xunta presentaba onte en Madrid as novidades para este ano, entre as que destaca a celebración dun festival de series televisivas aberto ao público xeral e a ampliación e un a dous territorios como convidados ao evento..
Amplía a nova>>