A galega Teresa Fernández-Valdés será unha das catro persoas galardoadas cunha medalla de honra do MIPTV de Cannes. O principal mercado televisivo do mundo, que se celebra en Cannes entre o 9 e o 12 de abril recoñece deste xeito o labor desta profesional do audiovisual á fronte de Bambú Producións. Nada e formada en Galicia, Fernández-Valdés foi responsable de proxectos de grande éxito internacional como son Gran Hotel, Velvet, Refuxiados, Las chicas del cable ou, máis recentemente Fariña, que están a abrir novos mercados ás series de ficción desenvolvidas no Estado.